Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Arrimar o lombo todos!

lunes, 16 de marzo de 2009
Así berraban os labregos do interior da nosa Galicia cando facía falla o esforzo físico humano para amañar desfeitas e mesmo na loita diaria por sobrevivir. Os mariñeiros, no caso de tormenta, entre rezos á Virxe do Carme e outras palabras fortes, tamén pedían axuda: “a remar todos! A chamada segue a ser válida na era da informática. A fame non distingue tempos, nin horarios. Afecta a persoas concretas. Cóntanse por millóns. Na era da abundancia (que contradición!) multiplícanse os pobres e famentos. E nós, os dos países ricos e do insaciable benestar vítima do alienante consumo, soubemos tamén multiplicar os pans e os peixes (a comida!) pero non fomos quen de repartilos e compartilos. Evidentemente, porque non quixemos.

No noso País, na nosa rica e solidaria España, a das autonomías (a veces, insolidarias) cómpre engadir outra chamada: A de sumarnos ao gran obxectivo de Cáritas (primeiro quitar a fame!) e aos voluntarios/as que deixamos, en solitario e en soidade. Os centos de comedores espallados polo País, son case os únicos que están a vivir a urxencia da mensaxe e mandato de Xesús (“dádelles vós de comer!”) e practicando humanidade De xeito gratuíto e altruísta. E por enriba de crenzas e de ideoloxías. Tanto por parte dos voluntarios como pola dos beneficiados. Son moitos os pobres: os inmigrantes, os sen traballo (sen soldo), os sen teito, sen comida, sen seguros... Son irmás e irmáns nosos!.

Hai fame física e real (non imaxinaria, mística ou metafórica) no noso País. Nunhas autonomías máis ca noutras. No mesmo País no que as nosas autoridades presumen de pertencer ó primeiro mundo, á sociedade rica do benestar e da opulencia. Con mais ou menos forza, xa está presente a alarma social máis forte, grave e persistente do noso tempo. E seguimos sen querer velo e aceptalo. A cegueira lévanos a sermos mudos.

Non podemos cruzármonos de brazos a esperar que pasen os tornados e tormentas. Ou a que a arranxen o problema os demais. A crise non é unha simple gripe pasaxeira. Non. Pode tornarse crónica e con desenlace fatal Temos de tomar a situación en serio e como algo persoal no que nos xogamos o noso presente e tamén o próximo futuro. O de todos e de todas. Mesmo estamos a medir a nosa categoría e dignidade de persoas humanas.

Hai persoas que xa se decidiron. Bispos, cregos, persoas anónimas do común (sempre as máis sensibles) e voluntarios dos enormes comedores de Cáritas, son os pioneiros. Coma sempre, van por diante, os máis pobres. Facemos falla todos. Neste caso, somos todos e todas non só necesarios/as senón tamén imprescindibles.Os primeiros, á cabeza, deben ser (para iso foron elixidos) os concellos, as deputacións, a Xunta e os gobernos actuais. Na nosa Terra, o cesado, “en funcións” (parece estar desaparecido!?) e o próximo, o que ten a obriga de gobernar catro anos. ¡A remar e a arrimar o lombo... TODOS E TODAS…

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES