Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quintín Cabrera o cantor do compromiso

lunes, 16 de marzo de 2009
Pouco ou case ren saíu a nova neses “falsimedia” do politicamente correcto do pasamento dun grande cantautor cómo foi Quintín Cabrera, seguro que foi moito máis importante a bosta e podredume que ese día vomitou ás TV. cos seus programas lixo.

Algún que outro xornal o comentou de pasada e correndo. Neste país do que estamos a xogar á “democracia” tes que ser pesebrista e adorar ao deus de quenda, senón non tes cabida. Cómo dicía sempre a miña avoa, xamais o esquezo, “mala centella os coma”.

Calou o cantor. Foise o cantautor, xa non escoitaremos a súa voz en persoa,
en Uruguai en España choran os sorrisos e murcháronse as flores.
Quintín Cabrera, artista dos pes á cabeza. Artista dos que xamais se renderon no compromiso social e humano ante esta realidade actual de valores tirados polo chan nun mundo de bafuallada cobizosa e retrincada. Quintín un profesional íntegro que sempre desde aquel día de 1967 que participou no Festival da canción protesta en Cuba mantivo firme esa posición nas trincheiras heroicas, no que hoxe lle chaman o “politicamente incorrecto”.

O coñecín persoalmente en Vilagarcía de Arousa nunha actuación e tiven a sorte de charlar con el durante esa noite e no día seguinte, a impresión que me deu foi impactante, respiraba humanidade por tódolos seus poros, era un grande entre os grandes, falamos do humano e máis do divino, as horas que tiven con el parecéronme minutos xa que nese anaco de tempo aprendín a valorar moito máis o que significa a amizade.

En Galicia sempre lembramos aos grandes e íntegros como “Bos e Xenerosos” e Quintín está e estará entre eles. Ata sempre compañeiro, que a terra che sexa leve.

Este é un anaco da canción:

“Yo vengo de un país que ya no existe”

“Por eso caducó mi pasaporte.
Tengo tantos países para no tener nada
por ir dándome sin pensar en fronteras:
a nadie le importa en las aduanas
que llene de cielos mis bolsillos,
de mares y lunas mi guitarra”.

Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES