O declive do cine
Editorial - lunes, 16 de marzo de 2009
Nun tempo que supoñemos baixo o imperio do audiovisual, o cine tradicional está en baixa. Sofre unha crise que non desmerece da crise global na que estamos inmersos.
Polo que a España se refire, en 2008 houbo oito millóns e medio de espectadores menos ca o ano anterior. E case millón e medio menos de espectadores para o cine español que en relación co ano 2007.
Importante resultou o descenso de recaudación que foi de vintecatro millóns de euros menos no xeral do país, e cinco millóns menos en canto ás películas españolas.
O Instituto de Cinematografía do Ministerio de Cultura atribúe á piratería o descenso de espectadores e conseguinte colapso do sistema de explotación cinematográfica, pero hai outros factores que inciden no tema, desde os elevados precios das entradas dos cines ata a diminución dos locales cinematográficos pasando pola súa evolución de cines tradicionais a simples pantallas enmarcadas en macrocentros comerciais.
Certo que a piratería é un factor importante, pero tamén incide a abundancia de cadeas de televisión, a velocidade coa que as películas pasan dun sistema de explotación a outro, a comodidade dos domicilios... todo se concita en contra do sistema tradicional que ten, é verdade, ó seu favor a capacidade de crear un clima axeitado para a contemplación das películas.
O cine ten problemas, pero só referidos á exhibición cinematográfica. O cine como sistema, como medio de comunicación, como maxia, como negocio, segue a gozar de boa saúde.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora