Debuxo dun cruceiro (1).
Antonio Figueroa Paz, é o autor deste debuxo dun cruceiro.
Análise sobre os Cruceiros, Cruces, Esmoleiros e ViaCrucis.
I. Parroquia: A Poboa, San Xiao de
1. Cruz Misional
Coordenadas U.T.M.: X: 627.185 // Y:4.746.845
Está fixada cuns cravos na parte superior media da fachada, e no interior dun circulo de cantería.
Trátase dunha cruz latina, de mármore, que amosa unha sección cuadrangular en ambos os dous brazos.
Ao longo do brazo transversal lese a seguinte inscrición: "SANTA MISIÓN".
No extremo superior do brazo lonxitudinal lese o seguinte epígrafe: "JHS", cunha pequena + no interior da parte superior da letra "H".
Na parte media deste mesmo brazo lese a inscrición: "P.P. JESUITAS".
Finalmente, na súa parte inferior lese o epígrafe: "PUEBLA / DE / SAN JULIÁN / 21-IV-45".
