O papel do papel
Editorial - viernes, 13 de marzo de 2009
Impreso. Porque o papel en sí segue a ser elemento básico na transmisión da cultura, imprescindible por agora para a confección de libros, revistas, xornais... Este último aspecto é ó que nos referimos: ó papel do papel impreso convertido en xornal.
Ningún video matou á estrela da radio, como acredita unha xa antiga canción. Ningún medio na Rede fará desaparecer os xornais escritos, alomenos no tempo que ós que actualmente vivimos nos vai tocar lembrar. E por moito que os xornais escritos estean en declive, teñen aínda unha ben gloriosa forma de decaer por moito que a crise faga que reduzan edicións, páxinas e persoal.
Se nos fosemos a fiar de rumores, máis dun e de dous xornais galegos estarían nas últimas e somente un ou dous se librarían da morte se se anulasen as axudas oficiais ás publicacións.
O peor dos panoramas preséntao o que se supón é o primeiro xornal de España, con negocio e actividade informativa en moitos outros campos complementarios, do que se teñen publicado cifras tan tremendas como que os seus activos convertibles están na orde de 1.300 millóns de cando as súas débedas cuadruplican esa cifra, e a finais do presente mes ten que facer frente -coa crise bancaria envolvéndonos- ó pago de debeda por importe superior ó dos seus activos.
E sen embargo seguro que non hai que temer polo seu futuro porque o seu papel como papel (impreso) fará que aparezan salvadores nunca desinteresados que apoien a súa marcha que se económicamente é hacia ningunha parte, polos seus contidos sábese perfectamente cara a onde camiña.
E mentras tanto a Rede medra, día a día, minuto a minuto. Ós xornais costoulles un par de centos de anos chegar onde están, paulatinamente esquecidos polos lectores, paulatinamente máis valorados polo poder que coida que o papel impreso é infinitamente máis valioso que o de blancura absoluta. A Rede leva apenas dúas décadas e xa o invade todo. Cando o poder queira enterarse do que supón a Rede, será moi tarde.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora