Paz e prosperidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de febrero de 2024
Non fai falta prestar moita atención para ver que:
- Medio mundo está en guerra.
- Non se respecta a vida das persoas.
Eu xa sei que desde que Caín matou a Abel por envexa, sempre houbo guerras.
Os motivos das guerras poden deberse a diferenzas, a envexas, a afán de poder, a querer máis territorio, a motivos económicos...
Non sei...
O que sí sei é que non hai nada que xustifique acabar coa vida das persoas, e moitísimo menos cando se trata de inocentes.
EU NOTO COMO ME "SANGRA A ALMA" CANDO VEXO NENOS CHORANDO PORQUE: NIN ENTENDEN, NIN SOPORTAN O QUE LLES ESTÁ PASANDO.
A miña mente non ten capacidade para ver xustificadas as guerras.
Pero a realidade é que existen e os organismos internacionais tampouco deben ter moitas posibilidades para evitalas.
A cousa debe ser moi complicada...
ESTOU SEGURA QUE MOITAS PERSOAS DARÍAN CANTO TEÑEN A CAMBIO DE QUE AS DEIXARAN VIVIR EN PAZ.
Moitas persoas do meu entorno tamén se fan preguntas así; pero séntense impotentes.
IMPOTENTES SI, PERO:
Penso que todos estamos chamados a cultivar a nosa parcela particular de paz e benestar.
MOITAS SOMOS AS PERSOAS QUE QUEREMOS VIVIR EN PAZ.
- NENOS que despois de enfadarse, son capaces de darse unha aperta e face-las paces.
- ADOLESCENTES que se namoran tan facilmente coas subidas hormonais, sofren desenganos e, despois dun tempo, comprenden que foi algo pasaxeiro.
- XOVES que, ante a dificultades e inxustizas que lles presenta a vida, saben perdoar e empezar de novo.
- ADULTOS que nos vemos defraudados en moitas ocasións por faltas de todo tipo; PERO POR AMOR Á PAZ, sabemos perdoar e seguimos adiante.
Para convivir hai moito que tolerar, moito que perdoar; pero non se pode dicir que sexa un valor a ter moi en conta nestes tempos.
CÓMPRE CULTIVAR O PERDÓN
Ultimamente cambiaron moito as cousas.
Esqueceuse a noción do pecado.
Esquecemos a noción de que somos criaturas imperfectas.
Todos nos consideramos perfectos á nosa maneira.
QUEREMOS SER TAN Á NOSA MANEIRA QUE ESQUECEMOS QUE HAI UNHAS NORMAS MORAIS QUE NOS ENCASILLAN ONDE NOS CORRESPONDE.
Pensamos que polo feito de pertencer ó homo Sapiens-Sapiens xa chegamos á madurez completa.
Pensamos que a ciencia avanzou tanto que xa chegamos á perfección.
Pensamos que a intelixencia artificial nos vai a resolver tódolos problemas...
CERTAMENTE, AVANZAMOS MOITO.
Pero o avance científico non nega a nosa propia pequenez.
De feito pode que hoxe en día fallemos moito, moito máis do que pensamos...
Seguramente será por ignorancia.
A IGNORACIA É MOI ATREVIDA.
Tan atrevida é que non son poucos os pais que queren saber máis de educación que os docentes.
Tan atrevida é a ignorancia que moitos doentes queren saber máis que o personal sanitario e infravaloran o seus esforzos, cando deberían estar moi agradecidos.
É tan ignorante o pobo de Deus que quere marcar os límites da formación relixiosa pensando que o clero é moi esixente ou que está pasado de moda; cando realmente o que quere é levar almas a Deus.
É tan ignorante o delincuente que lle parece que ten dereito a faltar á autoridade e á propiedade allea.
A VERDADE É QUE SOMOS MOITO MÁIS IGNORANTES DO QUE PENSAMOS.
Pero a ignorancia non exime da culpa.
De tal xeito que:
Moitas criaturas prívanse por vontade paterna dunha formación que lle sería de moito proveito para o día de mañá.
Moitos doentes poderían recibir mellor atención médica se souberan poñerse nas mans do seu médico.
A fin de contas: os médicos son os que máis saben de medicina.
Moitos crentes poderían profundizar máis na fe se se deixaran aconsellar e non puxeran reparos ó seu crecemento relixioso.
Estes e outros moitos: SON OBSTÁCULOS QUE NOS IMPIDEN AVANZAR
Impiden a boa marcha da paz con nós mesmos e coas persoas que nos rodean.
E, por suposto, tampouco favorecen a prosperidade individual nin colectiva.
SE QUEREMOS PAZ TEMOS QUE CULTIVALA E SE QUEREMOS PROSPERIDADE TEMOS QUE LOITAR POR ELA.
A paz e a prosperidade teñen un prezo.
"MOITAS PERSOAS SÁBENO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora