Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (14)

martes, 30 de enero de 2024
Somos complexos, non si? ¡Damos que estudiar!

E para iso só vivimos a cabalo dun século; como moito, de dous! Pero temos un alma que está destinada á eternidade, así que o corpo ten dúas funcións: Mens sana in corpore sano; coidar o corpo, con hixiene e con prudencia, porque a mente precisa dese apoio. En paralelo, día a día, coa mente sa, non descoidar a alma, pois o bautismo foi un lavado, pero non unha vacina, así que, ¡a facer méritos, pois o premio, no Ceo, é grande, eterno, delicioso, coa saúde definitiva!

Os que nacemos na era cristiá témolo máis fácil, PERO, como Deus é xusto, a xustiza perfecta, cabe supoñer Coñecémonos (14)que tamén se nos pedirá máis perfección, máis a nós que aos do Antigo Testamento. ¡Claro que temos unha panacea marabillosa: O Pater Noster, que é un contrato divino, e por tanto irrevogable! Pero hai que rezalo, subscribilo, en tódalas súas cláusulas, particularmente aquela de "Perdoa as nosas ofensas, coma nós perdoamos aos que nos teñen ofendido". Nos Evanxeos: Lucas 11, Mateo 6; etc.

"Ti es aquilo que fas, non aquilo que dis que farás" - C.G. Jung

A presunción é un dos vestidos da soberbia; a verdade é que só pode presumir Deus xa que as súas criaturas somos unhas meras imaxes súas, e para iso, non todos, pois Satanás moitos desertores leva incorporado ao seu exército.

¡Xa, pero as circunstancias non entran no espello, pois algunhas non son fotoxénicas!

-.-

Unha obriga cotiá, insisto.

Moito ou pouco, con máis ou menos éxito, pero todos somos algo autodidactas. O termo "auto-aprendizaxe" fai referencia a aprender un mesmo nun acto auto-reflexivo. O autodidacta ensinase a si mesmo. Consiste en aprender (algo de todo, descartando o malo, por suposto), mediante a busca individual da información (eu mesmo, daquela da guerra, na miña aldeíña, lendo periódicos atrasados, así fosen os utilizados para envolver cousas, dobremente sucios, polo contido, pero tamén polos restos da envoltura!). A aprendizaxe das faenas agrícolas veume de regalo, simplemente observando e practicando.

Moitas veces o auto-aprendizaxe comeza xogando, pero pasado un tempo descóbrese que houbo, que tivemos, apropiacións prácticas, útiles.

Nos libros do profesorado danse unhas explicacións deste tipo: "A autonomía na aprendizaxe é a facultade que teñen as persoas (e algún animal, polas trazas, tamén!) para dirixir, controlar, regular e avaliar a súa forma de aprender de forma consciente e intencionada, facendo uso de estratexias de aprendizaxe para lograr os obxectivos ou metas desexados. Para as persoas esta autonomía debe ser o fin último da educación, que se expresa en como aprender a aprender".

Os individuos adquiren, ¡adquirimos!, o noso aprendizaxe en torno ao noso contexto. No primeiro lugar, do medio real obxectivo, que é a parte contificable e máis próxima; en segundo lugar, o medio operacional, que fai referencia ao medio onde o individuo realiza as súas actividades de maneira cotiá; e finalmente, o medio de comportamento, onde se poñen en práctica, ao traveso de exercicios cognitivos, os coñecementos adquiridos nos outros espazos.

Advertencia innecesaria: Cos avances culturais deste século, do XXI, é evidente que non chega co auto-aprendizaxe, co auto-didactismo, pero sempre será oportuno, incluso necesario, como complemento, para profundar, e para mellor asimilar, os coñecementos que nos sexan transmitidos.

-.-

Aló por dentro,

ben disimulado, ao ser humano quédanos, -supoño que son restos, ou consecuencias, Coñecémonos (14)daquela soberbia do Paraíso-, un afán enfermizo, malicioso, de gardar segredo de cantos coñecementos e/ou experiencias nos pareza que teñen beneficio persoal, propio. Estreouno Adán, cando lle respondeu a Deus: "Oínte no xardín, e tiven medo" (Xénese 3, 10). ¡Ah! Tivo medo de que se lle descubrisen os seus, supostos, negocios!
Farfallamos no superficial, no gratuíto, mais para dar clases, para compartir leccións, sen cobrar, sen beneficiarnos, diso, nada! Cada persoa é, somos, un arquivo de segredos de estado, ¡do noso Estado!, así que estamos freando a civilización, e coa civilización a socialización, a globalización.

Ben que nolo advertiu Mateo, no seu 22, 37-40: "Amarás ó Señor, etc. O segundo é semellante: Amarás ó teu próximo como a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas". Advertidos estamos, pero..., somos uns estraperlistas, incluso dos saberes.

Isto tamén me trae á memoria a miña experiencia dos primeiros anos no Banco Exterior de España pois os segredos que non estaban no programa das oposicións tardábamos anos en coñecelos. ¿Por que? Descubrín moitas cousas cando ascendín a Xefe, porque ademais puxéronme con un compañeiro que era ben comunicativo cos seus iguais, que me dixo, un día de whiskys: "A nosa autoridade descansa nos segredos que atesoremos; ¡cantos máis teñamos, e gardemos, mellor nos acatarán!".
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES