Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As palabras importan

lunes, 29 de enero de 2024
Despois de toda unha vida á marxe de ser un cidadán máis, por fin, chegou o día histórico da modificación constitucional do artigo 49. Cambia a expresión "disminuidos físicos, psiquícos y sensoriales" por "personas con discapacidad". Ademais tamén se engade: «la obligación de los poderes públicos de realizar las políticas necesarias para garantizar la plena autonomía personal e inclusión social del colectivo, y una especial atención para los menores y las mujeres con discapacidad». Custou botar abaixo esta demanda histórica que levaba As palabras importanestancada desde o ano 2021. Un paso máis no difícil camiño cara a inclusión no que as palabras importan. Celebro o cambio con sabor agridoce. Un Si, pero aínda non.

Cansa escoitar que as palabras son o de menos, que o importante son os feitos. É fácil falar cando non se está etiquetado con termos pexorativos que fomentan unha consideración de inferioridade. Facendo un pouco de historia da evolución do concepto que tivo a sociedade, desde a década dos anos 30 pasamos por anormal, deficiente, inválido, impedido, subnormal, diminuído, minusválido... Como datos significativos dicir que se empezou a celebrar o Día do subnormal o 26 de abril de 1965, que na Constitución aparecemos como diminuídos, que se considerou o 1981 como "Año internacional del disminuido o deficiente" e que, despois dese ano, as Nacións Unidas titularon a acción para a próxima década como: "Programa de acción mundial para los impedidos".

Avanzando un pouco máis no tempo... No ano 1982 apróbase a Primera Lei de Integración Social, coa participación dun incipiente movemento asociativo, na que figuramos como minusválidos. Semellaba menos negativo que diminuídos aínda que sen o concepto de persoa. E chegamos ao ano 2003 no que se aproba a "Ley de igualdad de oportunidades, no discriminación y accesibilidad universal de las personas con discapacidad". A primeira ocasión en que se nos considerou persoas. Sempre defendín que "persoa con..." axuda a suavizar calquera termo.

Tendo en conta a lentitude para chegar a este cambio, non me convence que aínda quede roldando a palabra discapacidade. O prefixo "dis" empobrece, indica negación. Coa experiencia de diminuídos, minusválidos, discapacitados... non era suficiente? Sempre poñendo o acento nas limitacións da persoa cando tamén hai que poñelo na falta de resposta dunha sociedade que nos define e nos exclúe ao non crear os produtos e recursos adecuados. Despois de corenta e cinco anos de espera, que mágoa non aproveitar a ocasión para promover un termo máis inclusivo. Buscamos poñer o énfase na diversidade, non nas carencias.

As persoas somos diversas. Por comparación temos funcionalidades e capacidades diferentes. Se todos somos discapacitados, por que se nos vai etiquetar a nós? Sen existir a expresión ideal, sigo a defender "persoa con diversidade funcional". Unha terminoloxía xa coñecida que empezou a utilizarse por iniciativa de persoas afectadas, despois de profundos debates, e que acuñou no ano 2005 un compañeiro do Foro de Vida Independente buscando unha forma de referirse á discapacidade sen caer na discriminación ou exclusión. En definitiva, a diversidade funcional forma parte da diversidade humana.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES