Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fortunados

jueves, 12 de marzo de 2009
Se as Canarias son as illas afortunadas, cabe suponer que podemos chamar afortunados ós seus habitantes, por residir en lugar tan especial en todo momento do ano onde o clima é permanentemente benévolo. Pero neste caso falamos de “fortunados” que estimamos pode ser un sinónimo de “xente con fortuna”, o que sempre chamamos “ricos”.

Recentemente pronunciou unha conferencia no Centro cultural da Deputación de Ourense o xornalista vianés Jesús Salgado, baseada na súa obra “Riquísimos”, publicada en 2008.

Se atendemos ás cifras facilitadas en relación cos potentados galegos, quedémonos co dato de que sumando as fortunas dos nove galegos máis ricos totalizarán 33.550 millóns de euros. Deles, 19.000 millóns son propiedade de Amancio Ortega.. E de que coa fortuna destes fortunados ou afortunados Galicia podería gobernarse durante tres lexislaturas. Esto é: todos os galegos pagaremos en doce anos impostos polo valor da riqueza dos nove galegos máis ricos.

O ideal sería facer medrar esa riqueza a beneficio do país pero, como di o refrán galego, “ten quen ten”, e polo tanto cada propietario de bens, desas riquezas, gobérnaas como mellor sabe e entende. E tampouco poden os poderes públicos intervir nestas riquezas máis ca para aplicar a Ley no que a impostos de todo tipo atinxe.

Porque a riqueza pode ser moi boa cando se aplica a fins elevados, dos que a comunidade se beneficia. E mala cando en lugar de buscar fins colectivos non se teñen estes en conta e só beneficia ós particulares. É dicir: canto máis sexan os “fortunados” mellor papel terá a riqueza. Pero mentras sexa a riqueza un círculo pechado, e se conten cos dedos das mans os auténticamente ricos, a situación será manifestamente mellorable.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania