
Aurora, foi unha visionaria, Muller de Ciencia e para a Ciencia, grande entre as grandes.
Son nove mulleres, de diferentes ámbitos de coñecemento, as que a presentan no libro. É moi significativo ter a ollada da muller sobre a ciencia e os avances científicos doutra muller adiantada ao seu tempo.
O texto vai narrando a historia de vida de Aurora, marcando os fitos determinantes da súa traxectoria vital, logros académicos, avances científicos e desempeño laboral.
Aurora, comezou na escola do "Canteiro" de San Pedro de Benquerencia, entre os oito e os nove anos de idade. Aquela rapaza lista, curiosa, disciplinada e aplicada nos estudos, anos máis tarde sería licenciada en Ciencias Químicas, Doutora na mesma disciplina, Investigadora de prestixio internacional e Académica.
Ao desandar o tempo e visualizar as súas investigacións e avances científicos, é fácil darse conta que Aurora estaba a punto de entrar no espazo da Xeometría fractal, das nanopartículase na física cuántica, tan presentes e tan invisibles por momentos.