Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (10)

viernes, 02 de febrero de 2024
O Darío de Bispalia de Xermar (Cospeito)

Durante anos da miña vida estudiei alquimia.
A simple idea de transformas metales
en ouro, ou descibri-lo Elexir de Longa Vida,
xa era demasiado fascinante para pasarlle inadvertida
a calquer aprendiz de maxia.

Paulo Coelho

O Darío era o segundo fillo do Bispalia de Cospeito que tamén se dedicou a este mundiño da albeitería.

De Darío sabemos pouco, era un home alto, bo mozo, non quixo casar e morreu Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (10)solteiro. Ía sempre a cabalo dunha mula ver as reses que tiñan problemas ás casas onde rexentaba o seu oficio, en todas elas o coñecían, era como os veterinarios de hoxe, xa sabían como era e o que tiñan que facer cando a este o chamaban para curar ou arranxar algún animal.

No mesmo intre no que Darío chegaba a unha casa o primeiro que facían era collerlle a mula e levarlla para a corte e logo darlle de comer coma os outros animais que había na citada casa. Tamén o mesmo Darío comía coa familia que sempre lle tiñan preparada unha comida especial, como invitado que era, e ademais, menciñeiro de reses, e polo que respectaba ao labrego, convíñalle, xa que logo, que o home fose contento para que volvese outra vez ou as que lle fixesen falta, tendo en conta a falta de veterinarios, e onde os menciñeiros suplían a súa falta e por tanto había que tratalos ben ou moi ben.

O Darío tiña ese costume e cando ía capar ás casas, a xente xa sabía o da mantenza da mula e mais da mantenza do capador que pasaba os seráns na harmónica fala dos contos cando non había televisión e na grata compaña dos chamadores, e estes tamén del.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES