Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (9)

viernes, 26 de enero de 2024
O Serafín de Bispalia merca macho para a albeitería

"Agora, para botar fóra o que ten na casa debe coller un cazo con auga, poñelo no lume con dous dentes de allo, unha casca de carballo negro, unhas follas de ruda e un pouco de sangue de coello novo. Déixeo cocer, desde que levante a fervura, durante sete minutos, non máis. Mentres ferve coloque a tapa e sobre ela unhas tesoiras abertas para que corten o mal". Marisa Castro Cerceda.

Outra vez o Serafín de Bispalia mercoulle un macho a un home alcumado como "Bispo" din que se chamaba así de mal nome porque era bastante pequerrecho. Mercoulle un Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (9)macho para a súa servidume, que era a de traballar como capador. No trato estivo presente o que isto conta, quedando el respondendo polo Bispo, se fose o caso de que o macho non fose legal. O de responder por outro era moi común nas feiras da nosa Galiza e as palabras que se daban había que cumprilas ao pé da letra, por iso, sempre había unha persoa que respondía pola outra cando se facía un trato, era como unha necesidade que daba xustiza e legalidade ao que a merecía e evitaba aos moinantes que vendían reses que non cumprían as normas do trato e vendían animais enfermos ou con problemas, como eran, entre outras: o esmadroamento, dar patadas ou o de turrar.

Axusta e compón, o Serafín merca o macho, e dálle os cartos ao que por el respondera para que llos entregue ao "Bispo", de mal nome, mais ao cabo duns días o Serafín pasa pola casa do Respondedor e dille que o macho é falso porque dá patadas á xente, chegando a facelo ao mesmo dono. Serafín e o Respondedor, van á casa do "Bispo" e lévanlle o macho para que o recolla, mais o Bispo fíxose o requeno e non llo quixo recoller, entón, vaise o Respondedor e colleu da súa carteira os cartos en que fora mercado o macho e feito o trato e deullos a Serafín, quedándose o Respondedor co macho, como era mester acostumado.

Uns días máis tarde, o Respondedor vaise á casa do "Bispo" recriminándolle que "non tiña palabra" e que os animais falsos non se vendían. Empezou unha pequena liorta porque non quería coller o macho o citado Bispo, pero o Respondedor xa cabreado e sendo el o que tiña que perder os cartos da compra, bótalle as mans á gorxa dicíndolle: "Ou o colles, ou te afogo". Nese intre a muller do Bispo colleu un fouciño para mancar ao Respondedor, mais este sacoulle o gateño á muller e fíxolle volver os cartos ao vendedor de trampas.

Desde daquela non sabemos máis a non ser que o devandito Serafín, ao cabo dos anos, morreu no asilo de Vilalba.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES