Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nova Escola Galega cumpre 40 anos en pé

jueves, 25 de enero de 2024
Non é doado manter un movemento de renovación pedagóxica, e aí está Nova Escola Galega, despois de corenta anos. Tampouco o é soster a única revista educativa, impresa e en galego, e aí está a Revista Galega de Educación. Resistir é o lema. Facelo Nova Escola Galega cumpre 40 anos en pésó é posible grazas a un grupo de resistentes que a crearon e van dando o relevo, sen abandonar.

Veñen á mente nomes pero non quero dicilos porque, como sempre acontece, sairían á luz os da universidade e os dos homes maioritariamente pero esquecería as mulleres que levan moito tempo, todo o tempo, como cariátides aguantando do edificio, columnas que sosteñen o teito dende a escola de infantil e primaria (tamén secundaria pero con posteridade). De todos xeitos teño que facelo ou sería inxusta: Antón Costa dende as orixes con ACIES e o movemento Freinet, Xosé Lastra dende os libros de texto máis avanzados e a colección Merlín de literatura infantil, Paco Veiga cos xogos populares e a escola no rural, Mariló Candedo dende a USC e a política educativa e lingüística, Suso Rodríguez dende a USC e os recursos didácticos, Esther Vázquez dende Fiar Estrelas, Camino Pereiro dende Cavila, Belén Pereiro de Educadores/as pola Paz, Alicia López dende a educación no rural... e toda unha pléiade de profesorado que mantivo o lume aceso día tras día

Polo camiño quedaron grandes educadores e educadoras: Suso Jares, o adaliz da educación para a paz, o gaiteiro e profesor da USC, o adiantado que puxo en pé Novapaz e nos xuntou con Portugal para traballar da man. Agustín Fernández Paz laborando, sobre todo, dende a literatura infantil galega. Xabier Docampo nos mesmos camiños e na loita diaria polo galego. Carmela Iglesias dende o ensino básico (e diría ela: a moita honra!)

Na última das sesións do Congreso realizado con motivo do corenta aniversario asistimos ao cambio de directiva, no que continúa unicamente un dos membros; os demais son todos novos, e un número a ter en conta traballando no campo da educación social. Novos tempos e novas persoas responsables, nelas confiamos para levar a Nova Escola a un futuro, igualmente difícil, no que se precisa compromiso, moito compromiso para facerlle fronte aos retos que a sociedade sempre demanda.

Seguimos na ruta, con todos os obxectivos no horizonte porque se trata dun traballo de resistencia (como dixemos), unha carreira de fondo, na que van aparecendo obstáculos, a cada volta do camiño, que obrigan a reconstruírse para dar resposta. Semella unha contradición: Nova Escola é o nome dunha corrente pedagóxica que ten o seu comezo a fins do século XIX enfrontándose á escola tradicional. Esa escola continúa sendo nova porque nunca conseguiu levar a cabo os seus postulados, nunca chegou a ser maioritaria e, polo tanto tampouco envelleceu. Da mesma maneira, Nova Escola Galega.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES