Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (2)

martes, 23 de enero de 2024
Autores: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñíz Besteiro
Publicado en Lucensia, Nº67. Biblioteca Seminario Diocesano. Lugo, 2023.


2.1.3. Os ViaCrucis.
No ano 1731, o papa Clemente XII fixa dun xeito definitivo as catorce estacións do Viacrucis, permitindo consagrar "vias sacras" en igrexas, seminarios, conventos, cemiterios, hospitais etc. Con todo, durante o pontificado de Juan Pablo II engadiuseunha nova estación ou paso -o número XV- no que se representa a Resurrección de Cristo (1). Esta práctica relixiosa foi impulsada e difundida desde antano pola orde franciscana. Con respecto á representación dos Viacrucis podemos distinguir modalidades de índole interno ás institución sacras, e , tamén, externo. No obstante, o noso estudo vai dirixido ásr epresentacións do Viacrucis no exterior da igrexa mais formando parte do seu conxunto. Neste municipio encontramos sete Viacrucis, situados nas parroquias de Cedrón, Láncara, Muro, Monseiro, Vilaleo, Vilaesteva e Vilouzán. Ningún deles está completo, xa que non conservan as catorce cruces, que é a característica esencial destes monumentos. Estes Viacrucis, incompletos, están compostos dunha serie de cruces de pedra situadas por riba do muro, que delimita o adro da igrexa parroquial do exterior. As cruces amosan unha serie de peculiaridades: son de pequeno tamaño; latinas; monolíticas; de sección cuadrangular mais coas arestas biseladas; os remates do brazo transversal e do brazo superior lonxitudinal son en forma de cruz florenzada ou potenzada; carecen de imaxes; teñen como apoio unha base ou pedestal, que soe ter unha forma paralelepípeda cuadrangular coas arestas rebaixadas.

2.1.4. Os Esmoleiros.
Estas pequenas construccións maniféstanse de dous xeitos:
* Como construcións cuadrangulares, compostas por pezas paralelepípedas superpostas, que amosan algunhas veces unha cuberta a dúas augas. Na súa parte central adoita haber unha fornela onde está colocada unha imaxe sacra, protexida do exterior por un cristal ou unha reixa; baixo a fornela soe haber unha ranura ou pequena abertura, pola que o devoto introduce a esmola.
* Como unha pequena abertura cuadrangular, pola que o devoto introduce a esmola do exterior ao interior do recinto sacro, onde se encontra "o peto". Pois ben, no municipio lancarés hai dous esmoleiros: un, que responde ao primeiro modelo, está situado preto da igrexa de A Poboa de San Xillao; pola contra, o segundo, ligado ao segundo modelo está situado na capela de Gradín (Toirán).

2.2. Mapas de localización.
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (2)
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (2)

NOTAS:
1. CASTAÑO FERNÁNDEZ, Agustín Javier.: Cruceros y Viacrucis de Piedra. Un patrimonio muy frágil. Mérida. Dirección General de Bibliotecas, Museos y Patrimonio Cultural, 2019, páx. 70-72.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES