Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (13)

martes, 23 de enero de 2024
Os avances produto da investigación científica na neuroloxía permiten dispoñer de importantes coñecementos en canto aos rasgos anatómicos e fisiolóxicos do corpo cerebral, que aparecen vinculados á existencia do trastorno antisocial da personalidade.

Neste orde do estudio dos comportamentos atribuíbles á psicopatoloxía antisocial da personalidade, distínguense os comportamentos agresivos en

-. Condutas reactivas: Son as determinadas pola existencia no suxeito dun sentimento de temor e de necesidade subxectiva de defenderse de axentes que se presentan como potencialmente perigosos.

-. Condutas operativas: Son as determinadas por unha elaboración racionalizada dirixida a eliminar o que o suxeito considera un elemento indesexable, ou a obter un que considera perentoriamente indispensable, que planifica e chega a executar a conduta agresiva de maneira calculada e no posible asegurándose de obter o resultado e de eludir a responsabilidade por iso.

Foi posible detectar que as zonas encefálicas que interveñen na xénese dos impulsos agresivos atópanse radicadas no hipotálamo, no tálamo, no hipocampo, no mesencéfalo e no núcleo amigdalino; que constitúen estruturas xeneticamente antigas do encéfalo. Así mesmo os factores inhibitorios ou desinhibitorios dos impulsos agresivos atópanse radicados en estruturas máis modernas ou superiores do sistema nervioso central, o que suxire que os factores reguladores do comportamento están ligados aos elementos adquiridos polo aprendizaxe e polo desenrolo racional, en canto que os factores desencadeantes dos factores agresivos teñen un forte predominio dos puros instintos.

Faise referencia, en consecuencia, á existencia, no encéfalo, dun "Sistema de activación comportamental" que opera en interacción con un "Sistema de inhibición comportamental" determinando respostas fronte a estímulos pracenteiros ou frustrativos; por iso as psicopatías agresivas serían concomitantes a un exceso de atención do primeiro, e un déficit de atención do segundo, de maneira que unha medición do estado de "tensión" deses sistemas permitiría detectar os rasgos dos trastornos da personalidade que determinan as actitudes comportamentais que se refrexan neles. Conseguintemente, a dispoñibilidade de fármacos con efectos sobre tales "tensións" permitiría exercer accións terapéuticas sobre as tendencias a condutas antisociais.

A dispoñibilidade recente de equipos de exploración non invasiva, tales como a Resonancia Magnética Nuclear e maila Tomografía por Emisión de Positóns, permitiron conducir investigacións sobre as relacións entre a anatomía cerebral e a presencia no comportamento dos criterios diagnósticos do trastorno antisocial da personalidade.

De todos modos, aínda que non pode sosterse que existan medios científicos infalibles para determinar preventivamente a existencia do trastorno antisocial da personalidade a partir de factores xenéticos ou anatómicos obxectivos, existen elementos máis que suficientes como para que, nos casos individuais en que se acumulan factores tales como antecedentes de comportamentos violentos, carencia de integración familiar razoablemente normal, ausencia de hábitos de vida ordenados e dedicados a unha actividade de adecuada inserción social, inclinación a vicios, etc., sexa posible determinar que esas persoas atópanse nun estado perigoso que xustifica que, previas Coñecémonos (13)as formalidades xurídicas axeitadas para garantir a inmunidade da súa liberdade e o respecto aos seus dereitos, sexan sometidas a réximes diversos de tratamento, ou de vixilancia e control das súas actividades, que impidan que esa situación culmine na comisión de delitos ou outras circunstancias graves. Isto é especialmente aplicable a quen tivese, sobre todo na adolescencia e/ou na preadolescencia, condutas delictivas e hábitos que predeterminan que exista unha posibilidade moi importante de que incorran en comportamentos antisociais de efectos irreversibles.
-.-


Moito nos interesa o mundo exterior, e que pouco o interior! Cando non podemos ir ao fútbol, vémolo na televisión. Pola prensa, co fútbol, o resto, séxanse, os pecados do próximo. ¿E dos nosos, que? Pois sequera as avoas ben recomendan facer exame de conciencia antes de durmirse, xa que, de durmidos, os soños son meros delirios cerebrais.

Na porta do Ceo, nesa da que ten San Pedro as chaves, o curriculum vitae, o que nos pedirán non, o que nos fiscalizarán, que nolo farán presente, co anxo da garda de tradutor, será o noso, o propio, e nunca o do próximo. ¡Ai, mecachis, que xa mo advertira o Cura, pero eu estáballe mais atento á súa sobriña, aquela do escote, aquela das cachas redondas, aquela que se parecía á moza de Dali!

-.-

Hixiene da personalidade

O estudio, aínda que superficial, dos trastornos da personalidade, é de interese no nivel da educación secundaria por un dobre fundamento:

-. Se ben a personalidade confórmase por factores propios de cada individuo e por influencias que o afectan desde a idade máis temperá, é na preadolescencia e na adolescencia cando os rasgos definitorios da súa orientación tenden a definirse e a consolidarse en condicións de maneira permanente, polo que resulta valioso nese período da vida e da formación educativa dispoñer dun coñecemento correcto e ben fundado dos factores que poden estar operando subxectivamente en cada situación individual, tanto respecto da vida interior como da vida de relación, de modo que permita recoñecelos, avalialos e, no seu caso, procurar introducir unha modificación voluntaria, deliberada e racional ao seu respecto.

-. Os trastornos da personalidade, como estados psicopatolóxicos, instálanse cando os factores determinantes se converten en estruturais e permanentes. Pero os rasgos de comportamento son compoñentes da personalidade normal dentro de certos marxes, especialmente de xustificación, intensidade e frecuencia, como determinantes de variacións ocasionais e de duración limitada, do estado de ánimo e do comportamento; así como tamén ocorre que os que padecen psicopatías de trastorno da personalidade non soamente teñen etapas de agudización da súa manifestación senón que frecuentemente eses trastornos se relacionan con algunha temática específica ou con algunha circunstancia particular da súa vida de relación. Desta maneira hai, temos, na vida corrente de relación, ocasións frecuentes de trato con quen alberga rasgos de personalidade trastornada, pero sen que iso poda advertirse, polo menos durante algún tempo. E tamén ocorre que non tódolos trastornos de personalidade determinan que os que os padecen teñan importante inclinación a xerar situacións perigosas ou inconvenientes na convivencia social, xa que algúns (tipicamente o narcisismo, o histrionismo, ou o de evitación), mantéñense, polo xeral, dentro dos límites das condutas excéntricas, aínda que outros (como o borderline, bipolaridade, ou obsesivo) adoitan conducir a comportamentos propios das "persoas difíciles" que suscitan situacións de relación eventualmente moi anoxosas.

Tanto no trastorno paranoide como no trastorno antisocial da personalidade, que son á vez os máis correntes e os máis transcendentes polos seus efectos, tanto a nivel individual como social, é frecuente que non resulten fácil nin directamente ostensibles no relacionamento social corrente, e incluso relativamente próximo como os que teñen lugar en ambientes educacionais, laborais, ou similares; e así mesmo as persoas que os padecen poden ter bos niveis de comportamento normal en tanto non se vexa comprometido o factor fronte ao cal reaccionan de maneira paranoide ou antisocial.

Tamén ocorre que os trazos que conducen a comportamentos reveladores da tendencia ou á existencia deste tipo de psicopatías, solen non despertar nos grupos sociais unha valoración negativa senón, ao contrario, son valorados como altamente positivos, no sentido de que son tomados como evidencia dun "compromiso" con "causas" que se presentan como valiosas, sobre todo desde o punto de vista ético, político ou social, o que leva a non avaliar como patolóxicos os compoñentes de inclinación utópica, fundamentalista, querulante ou de inadaptación aos sistemas institucionais de xerarquía, de ordenamento social, ou de análise e decisión, especialmente en relación a un difuso e subxectivo concepto de xustiza que xeralmente invocan.

Aprender a recoñecer nas demais persoas os rasgos de comportamento que denuncian tendencias ao trastorno da personalidade é un medio sumamente valioso para regular o relacionamento e o propio comportamento social. Tamén é importante manterse atento ao desenrolo na propia personalidade de condutas irregulares, como un medio de procurarse por si mesmo os correctivos que eviten as consecuencias do trastorno instalado, que se son perigosas para as outras persoas, resultan moito más graves para o que as padeza.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES