Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (8)

viernes, 19 de enero de 2024
Serafín, fillo do bispalia de Xermar (Cospeito)

O Señor Cordal... era mui atente
ouservador da natureza, sempre con gosto
de sabelo nome de cada herba, de cada frol,
cantos e costumes de paxaros. Traguíame fentos
de Romariz e de Labrada para que eu adeprendese
a diferenciar as especies.

Álvaro Cunqueiro

Serafín era un home alto, bo mozo, moi fino e moi ben vestido, casou coa sobriña do cura de Goiriz, coa que tivo dous fillos, un deles catedrático e o outro dedicouse á labranza. Serafín era tan bo menciñeiro que os seus dotes eran recoñecidos máis aló da Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (8)súa contorna, chegaba ata os concellos de Guitiriz, Friol e incluso Mondoñedo. Tiña dúas mulas coas que saía facer o traballo de albeite polas contornas.

O que isto nos conta, chegou unha vez á feira de Vilalba que cadraba o primeiro domingo e o terceiro martes de mes, entrambos os dous. Non podemos confundir a Feira, que é o primeiro domingo do mes co Feirón , que é o terceiro martes de mes.

Como iamos dicindo, chegou con dous camións de vacas para a súa venda, pero como a envexa non para, os outros tratantes dixéronlle á garda civil que interviñese os camións, e así o fixeron, non deixaban baixar as vacas dos camións suponse que por dicirlles calquera alburgada para poder eles vender as vacas máis facilmente, que era o que pretendían. A garda civil actuaba con moita agresividade pedíndolles as guías. As guías eran como documentos expedidos polos veterinarios para poder mover os animais fóra dos concellos de pertenza do gando. O referido tratante ensinoulles todas as guías, unha por vaca, pero non foi suficiente, pois pedíronlle tamén a chamada "patente" que pagaban todos os tratantes. Xa cabreado o que isto conta, porque a ninguén dos outros lle pediran nada, contestoulles que baixo a súa e única responsabilidade ían baixar as vacas do camión para a feira, e a outra documentación que a fosen pedir a Facenda pero que o luns pola mañá cedo que os ía denunciar polo caso, pois non querían deixar baixar as vacas en beneficio dos outros tratantes cos que estaban "compinchados".

Vendín soamente dúas vacas nesta feira e marcheime para a miña casa, ceei, durmín toda a noite, mais pola mañá cediño aparece o Serafín do Bispalia na miña casa acompañado dun brigada da garda civil. Estaba todo ben cavilado, pola súa parte, porque así non me daba tempo de facer a denuncia. Pedíronme que por favor, non fixese a denuncia que a garda civil que estaba alí non sabía o que facía e que o fixeron comigo pero non cos outros e que "por favor" non fixese a denuncia e despois de arrepentirse e de vir co Serafín de Bispalia, meu amigo, e pedíndomo tamén de favor, claudiquei, mais merecíano.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES