Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sosego interior

lunes, 09 de marzo de 2009
Todos necesitamos encontrar de vez en cando ese tempo e ese ámbito de certa calma e quietude, de certo sosego interior. Estamos tan vertidos cara a fóra, tan metidos nas obrigas, horarios e compromisos, que ás veces case afogamos.

Non somos máquinas de producir. Non estamos na vida para “gañar, gastar e gozar”. O ser humano é máis que materia biolóxica. Somos sobre todo espírito, alma, cerebro e corazón, vida intelixente e afectiva, capaz de razoar, sentir, dialogar, amar...

Todos temos un mundo interior que non podemos desprezar. Buscar a soedade, saborear o silencio, poñerse a ler un libro interesante, escoitar boa música, contemplar a beleza do entorno (persoas, paisaxes, arte...), non é perder o tempo senón medrar interiormente e vivir máis plenamente.

“Cando a dimensión espiritual da humanidade -dicía fai días Benedicto XVI- sae á luz, o corazón e a mente das persoas vólvense cara a Deus e cara as marabillas da vida humana: o propio ser, a verdade, a beleza, os valores morais e os outros”.

Todo isto, tan necesario, é o que nestes días nos propón a Igrexa. A celebración da coresma é precisamente para tratar de recuperar este ámbito no que un ten a oportunidade nada depreciable de encontrarse consigo mesmo e co misterio de Deus que nos habita. Xa no século IV dicía santo Agostiño: “tarde te amei, fermosura tan antiga e tan nova, tarde te amei! Ti estabas dentro de min e eu fóra, e así por fóra andaba na túa procura... Ti estabas comigo, mais eu non estaba contigo”.

Só percorrendo este camiño, custoso e angosto, pero que reporta a paz do espírito e nos leva ao encontro co misterio dun Deus de tenrura e misericordia, que sempre nos agarda, terá sentido celebrar dentro dunhas semanas a “gran semana”, a Semana Santa. Do contrario todo quedará en ritos baleiros de sentido e, alí onde hai procesións, nun espectáculo de masas.

Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES