Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dar coa persoa

jueves, 18 de enero de 2024
É obvio que as barreiras físicas nos sitúan nun plano de desigualdade. Está demostrado que coas leis, frías e distantes, non é suficiente. Aínda que están para cumprirse, a realidade é que tamén se necesita empatía, e mentres no se dá coa persoa sensible á reivindicación todo se vai alongando no tempo. Como mostra, desde o 4 de decembro de 2017 todo, repito todo, tiña que ser accesible. Creo que sobran os comentarios. A Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, ratificada por España no 2008, tenta instaurar un modelo social e inclusivo que considere que a Dar coa persoacontorna, os produtos e os servizos deben facerse para todos. Os seus ditames son de obrigado cumprimento, non simples recomendacións. A estas alturas a accesibilidade non pode ser un condicionante que limite a vida social, cultural... das persoas con mobilidade reducida.

As datas que vimos de celebrar foron de intercambio de mensaxes de bos desexos, pero non recibín un tan completo como o seguinte: Feliz ano, Marisol!!! Xa podes falar desde o estrado. Hai días que compensan os desabores que leva consigo unha vida reivindicando os dereitos das persoas con diversidade funcional. Un deses día foi “inaugurar” a rampla no salón de actos da Biblioteca Pública. Pero fagamos un pouco de historia. En xaneiro do ano pasado, na presentación dun libro no que tiña que intervir, fixen ver que os meus compañeiros falarían desde o escenario, mentres que eu tiven que facelo desde o salón, polo que se entende que non era accesible. Con gran alegría podo dicir que agora xa é.

Volvendo á presentación, antes de empezar o acto falei coa directora, ou mellor e máis familiar pola bonita relación que iniciamos, falei con Sabela para dicirlle que por coherencia ía citar o feito de non poder acceder ao escenario. A partires dese día, e tendo en conta que é un BIC (Ben de Interese Cultural), comeza un complicado protocolo de: permisos, proxectos, orzamentos, obras... -sei que estas cousas non son fáciles nin rápidas- ata chegar á foto que comparto con moito gusto.

Grazas unha vez máis, Sabela, por poñer todo o teu empeño en que o Salón sexa de todos e para todos. Repito a importancia de dar coa persoa porque sei que están previstas outras reformas nesa zona, pero non quixo esperar tendo en conta que a inversión na tal rampla vale para o futuro. Por outra banda, ela sabe dos plans de presentación do meu libro e tamén goza da posibilidade de brindarme a súa casa.

Vivir sorteando obstáculos agudiza o sentido crítico, pero tamén suscita agradecemento cando se encontra colaboración. Non é fácil explicar como unha rampla pode chegar a ter a súa parte emotiva, como manifestamos nun forte abrazo, por permitir a igualdade de oportunidades e promover a autonomía. Con tantos anos loitando pola accesibilidade universal e o deseño para todos, celebro cada logro para acadar un Lugo máis inclusivo. Empezamos o 2024 cunha barreira menos!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES