Sal e luz
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de enero de 2024
O SAL: ten moita importancia na saúde física das persoas.
Empregada en sentido metafórico, aínda ten máis:
Unha persoa salada, sabe darlle sabor á vida propia e máis a das persoas que a rodean.
A LUZ ILUMINA TODO.
A do sol ademáis tamén dá calor e vida.
Sen a súa luz a vida non existiría.
Sen luz estaríamos a escuras.
Sen luz padeceríamos cegueira perpetua.
A luz permítenos ver as formas, o tamaño, as cores...
CANDO DICIMOS QUE UNHA PERSOA É SAL E LUZ ESTAMOS DICINDO QUE SEN ESE TIPO DE PERSOAS A VIDA SERÍA MOI SOSA, NON TERÍA SABOR, NIN COR, NIN FORMA...
A verdade é que a vida presenta bastantes sinsabores e máis moitas zonas escuras; por eso precisamos persoas que sexan sal e luz neste mundo que nos toca vivir.
Necesítanse persoas que nos ensinen a discriminar o que nos convén do que non nos convén.
Persoas que nos ensinen a diferenciar a verdade da mentira.
Persoas que nos desenganen de tantos enganos que nos presenta o mundo actual.
Persoas que nos ensinen a cara real da vida.
Persoas sinceras.
Persoas nobres.
Persoas que iluminen.
Persoas coherentes.
Persoas sen hipocresía.
Persoas que aporten.
Persoas cos pés na terra e a mirada moi elevada.
Ese tipo de persoas non son as que habitualmente nos mostran os seus éxitos nos medios de comunicación social; aínda que tamén hai excepcións.
ESAS PERSOAS SON AS QUE NOS ENCONTRAMOS NO DÍA A DÍA:
Persoas que saben botar unha man.
Persoas que son afables no trato.
Persoas xenerosas.
Persoas caritativas.
Persoas sensibles ante o mal alleo.
Persoas empáticas.
Persoas que saben perdoar.
Persoas que saben devolver ben por mal.
COLECTIVOS QUE SON SAL E LUZ
Un colectivo que exerce de sal e luz na terra ó o dos docentes: eles van iluminando as mentes do alumnado para que saiba ve-la realidade da vida con criterio propio.
Outro colectivo moi exemplar é o do clero que nos vai mostrando cal é o camiño que leva á nosa salvación.
Tamén hai outros colectivos que van salgando e iluminando nos seus campos respectivos; pero serían moi longos de enumerar.
PERSOAS QUE SON SAL E LUZ HAINAS DE TÓDALAS IDADES:
Criaturas que saben dá-las grazas cun sorriso.
Criaturas que axudan no que poden.
Criaturas de bo corazón.
Adolescentes que saben o que desexan ser de maiores e van loitando por conseguilo.
Xoves que compaxinan o traballo con estudios cando as posibilidades económicas da familia son insuficientes.
Adultos responsables das súas familias e dos seus traballos.
Adultos que coidan dos seus maiores aínda que lle resulte pesado.
Persoas que dan amor aínda que haxa quen os odie: é o caso das persoas mártires.
Persoas que poñen ledicia alí onde ven tristura: acompañando, consolando, dando ánimo, alentando...
Persoas que dan esperanza a outras que se encontran desesperadas ante unha situación difícil, unha enfermidade grave...
Persoas que poñen fe onde outras ven dúbidas: a xerarquía eclesiástica, os crentes coherentes e moitos ateos de alma limpa.
Persoas que poñen verdade onde reina a mentira.
Persoas que velan pola unión onde abundan os desencontros: son a alma máter das familias e das comunidades.
Persoas que derrochan perdón a raudales, porque valoran a paz por riba de todo.
ESTE TIPO DE PERSOAS SON SAL E LUZ NA TERRA PARA OUTROS QUE IMOS EN CAMIÑO DE APRENDER DELAS.
O mundo sen esas persoas sería moito máis soso e moito máis escuro.
Pero grazas a elas imos abrindo camiño dentro desta sociedade tan variopinta.
"ABRINDO CAMIÑO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora