Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación libro "Un Taxi Verde e un Concerto", de Tuco Cerviño

miércoles, 17 de enero de 2024
Presentación libro "Un Taxi Verde e un Concerto", de Tuco Cerviño.
Xoves 18 de Xaneiro de 2024, ás 19:30 horas, na casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración do Concello de Vilalba e da Editorial Galaxia, organiza o xoves 18 de xaneiro de 2024, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro "Un Taxi Verde e un Concerto", de Tuco Cerviño, que estará acompañado por: Marisa Barreiro, Antón Baamonde e Elba Veleiro.

Un Taxi verde e un concerto
Por este intenso relato transita a memoria da familia, que se remonta ata o século XIX, con historias de masóns, republicanos, socialistas, galeguistas, conservadores, falanxistas, peronistas; desterros, cadea, exilio, depuracións, tribunais franquistas, emigración, viaxes, revolucións. A Guerra Civil e as súas consecuencias. Profesoras de universidade e mulleres sachando, canteiros e labregos, mestres, médicos e avogados. E tamén o mundo rural de Cotobade, o Instituto e a adolescencia na Pontevedra dos cincuenta, a Compostela dos sesenta, a universidade e as persoas e organizacións do conflito do 68.
Presentación libro
"Toda a miña vida está aquí, entre a viaxe co tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar, enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas".

Tuco Cerviño
(Pontevedra, 1945), estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Nefrólogo pola Universidade Autónoma de Madrid, fixo o MIR no Hospital Clínica Puerta de Hierro. Exerceu a especialidade nos hospitais universitarios de Santiago de Compostela e A Coruña. Foi xerente deste último e do Gregorio Marañón de Madrid. É académico correspondente da RAG.

Activo na política dende a universidade, foi militante da JEC (Juventud Estudiante Católica), fundador da ADEG (Asociación Democrática de Estudantes Galegos) e destacado dirixente estudantil. Na transición militou na esquerda nacionalista. Membro do PSdeG-PSOE dende 1993, foi deputado no Parlamento de Galicia durante catro lexislaturas e concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES