Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (12)

martes, 16 de enero de 2024
Trastorno antisocial da personalidade
Coñecémonos (12)
Adolescencia antisocial

O trastorno antisocial da personalidade é, lamentablemente, un dos que se fan crecentemente ostensibles na sociedade; fenómeno indubidablemente asociado ás importantes falencias nos procesos de educación dirixidos á internalización dos fundamentos e valores estruturais inherentes, non soamente á convivencia normal, senón, e tamén, á propia realización persoal.

A psicopatoloxía antisocial é unha psicose caracterizada pola perversión dos principios básicos da socialización, dos valores morais e xurídicos primarios que deben rexer a convivencia nos distintos ámbitos da vida en sociedade; en consecuencia pola ausencia, ou non funcionamento dos factores mentais e culturais inhibitorios das condutas lesivas, que son executadas con total prescindencia da súa valoración moral, ética ou xurídica. Por tales características, nos estudos iniciais da conduta, especialmente desde o punto de vista da responsabilidade penal, foi descrita como loucura moral.

Un dos compoñentes principais que se sinalan como característicos da personalidade antisocial consiste na ausencia de resposta inhibitoria, a carencia de sentimento de temor, a indiferenza emocional e racional fronte á realización de condutas que implican un factor de risco ou de perigo, incluso para si mesmo, ou consecuencias punitivas, que normalmente motivarían unha actitude de prudencia, de análise do coeficiente de resgo/beneficio, ou simplemente excluirían a súa realización. Este mesmo factor é fortemente determinante da non efectividade das medidas punitivas, non soamente como disuasivos senón tamén como correctivos, dado o carácter fortemente estrutural da ausencia de respostas inhibitorias.

Apreciado en relación directa cos efectos da propia conduta respecto das outras persoas, o comportamento da personalidade antisocial aparece excesivamente motivado e atento ás percepcións de propia gratificación primaria e inmediata, sendo ese elemento de inmediatez no resultado un compoñente predominante, polo que outro rasgo inherente á personalidade antisocial é a importante falta de motivación para enfrontar actividades que requiran unha dedicación sostida no tempo, e teñan ubicado nun futuro o incentivo gratificatorio ou beneficioso.

As características indicadas determinan que exista unha posibilidade bastante importante de detectar en forma temperá os rasgos que indican a tendencia a desenrolar o trastorno da personalidade antisocial, e en consecuencia, podan adoptarse as medidas terapéuticas conseguintes.

Os primeiros estudios de finalidade científica respecto á conduta antisocial, especialmente na área da criminoloxía, expuxeron a teoría de que era posible detectar as inclinacións ao delito (spinta criminosa) a partir de rasgos de índole anatómica (Lombroso) como a forma braquicéfala ou dolicocéfala do cranio.

Non obstante a demostrada falta de sustento científico desa idea, o que implica que non hai fundamento para invocar unha orixe xenética do trastorno antisocial da personalidade, o certo é que existen fundamentos para concluír que, na enorme maioría dos casos, o desenrolo do trastorno de personalidade antisocial é resultante de situacións e de procesos que inciden sobre o suxeito a partir dos comezos da súa formación e desenrolo mental e intelectual. Como consecuencia, é posible considerar que existen medios fundados e idóneos para percibir en forma temperá unha tendencia marcada á inadaptación da personalidade para a integración na vida social en condicións de normalidade, e evitar ou diminuír de maneira importante a posibilidade de que iso evolucione ata etapas irreversibles, no que o trastorno implique a existencia dun estado perigoso, proclive á violencia ou incluso ata o delito.

Este trastorno maniféstase frecuentemente coa aparición na nenez de comportamentos antisociais que, se non son superados polo proceso de aprendizaxe, educación orientada á integración na sociedade e respecto dos seus valores, e maduración da personalidade, se instalan e acentúan na pubertade, preadolescencia, adolescencia e despois da adolescencia, así como na etapa de adulto xoven; e aínda que nalgún caso parecen atenuarse a partir da idade aproximada dos 40 anos, en realidade permanecen en estado máis ou menos larvado e prontos a eclosionar ante un factor desencadeante.

Un dos factores temperáns máis ostensibles como potencialmente conducentes a un trastorno da personalidade antisocial adoita consistir na carencia, na nenez, dun encadramento familiar sólido e equilibrado, no que se atopan claramente definidos os roles dos proxenitores e se desenrolen en condicións de normalidade as relacións e os afectos interfamiliares. Este é un factor actualmente moi crítico, na medida en que, en forma absolutamente independente das condicións económicas das persoas, ese requisito non pode cumprirse se os proxenitores, á súa vez, están afectados, nalgunha medida importante, por irregularidades do comportamento que impiden proveer ese adecuado marco familiar.

Outras condicións que permiten prontamente avistar a tendencia a un trastorno antisocial da personalidade, pola súa potencial consolidación, están constituídas polas conductas perceptibles desde a infancia, consistentes nas actitudes persistentemente caprichosas, a non aceptación ou o non aprendizaxe dos límites infranqueables da conducta, o refuse do acatamento ás normas que paulatinamente deben ser incorporadas como pautas para a vida cotián.

Os casos máis marcados de indicadores de potencial inclinación á psicopatía antisocial son condutas relevantes tais como a recorrencia da mentira, as "travesuras" reiteradas e transcendentes, as condutas agresivas, a persistencia dos "berrinches", as manifestacións de envexa e resentimento comparativo respecto doutros, e especialmente a apropiación de pertenzas doutros nenos e outras formas de apropiacións indebidas. Condutas que, alén das etapas en que poden considerarse "aceptables" conforme ao desenrolo do proceso educativo e de "socialización" do neno, son reveladoras de insuficiente asimilación das frustracións e prohibicións, deben merecer especial atención non soamente pola súa incidencia actual no desenrolo senón en canto pola non cancelación, son claros indicadores dunha tendencia a desenrolar un trastorno antisocial da personalidade.

Indubidablemente, a aparición de comportamentos irregulares nas etapas posteriores á formación primaria da personalidade, tales como o desinterese polo estudio, a selección de compañías e amizades cuestionables, o establecemento prematuro e irresponsable de relacións sexuais, a utilización sistemática de sustancias que xeran dependencia (tabaco, alcohol), a idealización de artigos (roupa de marca, aparatos diversos), especialmente como simbólicos de status, o desenrolo de actividades perigosas para si mesmo (altas velocidades en vehículos); son todos indicadores que progresivamente van, desde marcar unha inclinación ao desenrolo dunha personalidade antisocial, ata denotar a súa instalación probablemente definitiva.

-.-
Os criterios que menciona o Manual DSM-IV

como factores claramente conducentes ao diagnóstico da existencia dun trastorno antisocial da personalidade son:

-. Ausencia de adaptación no cumprimento das normas de comportamento legal.

-. Desprezo dos desexos, dereitos e sentimentos dos demais.

-. Desinterese por planificar o futuro.

-. Comportamento irritable con consecuencia de agresividade física.

-. Despreocupación pola seguridade propia e de outros.

-. Demostración continua de extremada irresponsabilidade.

-. Moi baixo ou ausente remordemento por consecuencias prexudiciais dos seus actos.

-. Historial dalgunhas condutas que constitúan síntomas do trastorno antes dos 15 anos de idade.

-.-
Coñecémonos (12)
Envexa? ¡Non, nunca! Emulación? ¡Si, pero tan só no bo, pois o malo é propiedade do Satán!

A envexa é unha filla da soberbia, querer máis; querer, polo menos, outro tanto, aínda que non se mereza. Afondando no tema, esa tendencia tamén é unha herdanza daqueles señores, daqueles desagradecidos do Paraíso, aqueles que nos abriron as portas do inferno. Á Eva chegou con dicirlle, con tentala, de que desobedecendo ao seu Creador serían coma El, outros deuses. ¡Xa, xa! ¡Caeu na envexa: envexarlle a Deus o seu poderío, pero non a súa bondade!

Cando envexamos nin sequera sabemos de que, nin por que. ¿Como acadou o envexado a súa grandeza, cales foron as súas circunstancias, as súas oportunidades? Se as adquiriu por mal camiño o que debemos é terlle piedade, pois, ¿e se con iso o espera o inferno?

San Pedro negou tres veces ao Mestre, ¡xa antes de que cantase o galo! Pero tiña humildade, ademais de medo, así que non tardou en atopar os remorsos, ¡e chorou! Recobrada a confianza, Xesús deulle as chaves, por bo cristián, en premio aos seus remorsos; o Mestre non fixo nin dixo nada que non fose modélico, lectivo.

Agora, no XXI, que nos afixemos ás votacións, coido que non é tan difícil de entender que a nosa vida, a nosa ¿elección?, é permanente, coas urnas, coas oportunidades, sempre abertas: a cada instante, no pensar, pero tamén no obrar, temos que ir elixindo, se fago isto, ou aquilo, cal será o bo, o convinte, tendo en conta que a nosa meta é ir ao Ceo..., despois destes cursos, destes aniños, destas decisións positivas. No económico poden ou non ser atinadas, pero no anímico as boas sempre dan froito. ¿Non o dixo Xesús, que, “Polos seus froitos coñecerédelos” A árbore mala é a do egoísmo, a da soberbia, a de imitar sen pararnos a pensar se é ou non imitable a conduta do popularmente envexado.

-.-

Ao igual que ocorre coa maior parte dos trastornos da personalidade, o trastorno antisocial, que, pola súa natureza e efectos, é o máis perigoso desde o punto de vista da convivencia social, non se presenta como un compoñente único da psicopatía, senón que o máis frecuente é que opere en forma acumulativa con outros trastornos, cos que comparte en boa medida os principais síntomas, entre os cales, os máis frecuentes son:

-. Narcisista: Buscan admiración; hipocrisía e desexo de provocar envexa nos demais.

-. Histriónico: Condutas impulsivas, a superficialidade dos intereses temáticos, en permanente busca de sensacións, imprudencia, intentos de manipulación das persoas.

-. Períodos depresivos: bipolaridade (pasaxe súbito, frecuente e inmotivado de estados eufóricos a estados depresivos), ansiedade recorrente, somatizacións (reaccións aparentemente corporais, sen fundamento fisiolóxico e de orixe psíquico); en xeral, dificultades para o control dos impulsos, "mala bebida" (embriaguez agresiva), inclinación ou franca dependencia ás adiccións.

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES