Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 16 de enero de 2024
Así de auténtico

Levanto a cabeza a deixo caer a mirada nun punto calquera. Deixo que pase o tempo. O tempo está gris, case como a conciencia. Non espero nada do berro seco que me lanzan. Sigo cos biosbardos sobre o asfalto, e sabendo que un leve suspiro aloumiña a miña pel. Ás veces quero ser un verso solto e reflíctome na matrícula dun vehículo. Tan só escribo poesía cando a miña alma está perdida. Hoxe está viva.
Quero ir e vir, marchar e volver. Quedo quieto. Coa ollada perdida e cos latexos Pingas de Orballozumba que dálle contra un espello. Son así de auténtico. Ou de pinga de auga caendo no deserto. Son como a flor de toxo: da cor do desexo, da cor da ansia. Aínda que a conciencia siga gris. Que alguén tire a primeira pedra para dicir que ten a conciencia limpa.
Déixome caer polo bambán do seu pelo e aterro de pé para compoñer un soneto. Un soneto no que o verso solto entra con calzador; pero entra. Nel intento rimar o silencio co albedrío e os seus ollos co seu sorriso. No último verso esgazo o poema enteiro. A rima non me convencía. Volvo ser un verso solto. Sigo, entón, coa ollada perdida e deixando que o tempo pase.
Por esta vez, o tempo pasa e nada cambia. Que é raro. Porque cando o tempo pasa, todo cambia. Estou a formar un nobelo por culpa duns versos ou dalgúns comentarios incertos. Quero sentar á súa beira, no sofá, e aí tan só hai silencio. Alguén me lanza outro berro seco: esperta do teu soño, fogar de Breogán! Non me queda outra que deixar atrás os biosbardos e seguir coa ollada a matrícula que pasa. Marcho na procura dun espello para que a conciencia me devolva a miña alma. Agora si que xa todo cambia.

Na espera

Rachei o desexo co orgasmo dun salaio. Esperei. Na espera todo quedou en silencio. Só de cando en vez un ruxerruxe de ansiedade asomaba baixo un réquiem sacramental. Non tardou Vangelis en harmonizar a tarde cun Blade Runner sentimental. Acougados os sentimentos, a espera rematou.
Camiñei ó abrigo dos valados e cada silva era unha pexa que non me deixaba andar ó meu aire polas cores do arco da vella. A treboada levábaa eu dentro. Non Pingas de Orballosempre o universo é infinito; ás veces chega con contemplar -e sen ir máis a alá- a lúa chea; para deixar que todo aboie mentres escribo un verso que, seguro, rematará nun conto.
Non todos os pensamentos empreñan, aínda que, ó parir, algúns deles sementen truques e retruques. Agora que cada quen busque o dixomedíxome que queira. Os meus quedan agochados entre as sabas brancas dun soño eterno. Aquel no que a flor de toxo se ergue sobre a matogueira máis inmensa. Aquel no que o asubío de Morricone enche de melancolía a película que formo. Esa na que a protagonista sobe e baixa, vai e vén por entre as rimas do poema, por entre os espazos de silencio e por entre o murmurio dos ecos. Agora, si, o espazo exterior é infinito e as estrelas son vagalumes que ensinan o camiño.
Rachei a ansiedade co clímax dun salouco. Volvín quedar á espera. Nesa na que, o silencio e o ruído, a rabia e a impotencia, o anhelo e a utopía, a verdade a mentira se mesturan para encher o conto que se iniciou cun verso. Nesta espera hai soños e realidades que, co tempo, encherán ou ocuparán toda unha novela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES