Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paciencia e resiliencia

jueves, 11 de enero de 2024
Hai quen dí que vivimos tempos de incertidume.
Certamente ninguén pode decir o que vai pasar no futuro, porque ninguén o sabe certamente.
O que si sabemos é o pasado e máis o presente que nos toca vivir.
Do pasado podemos aprender para non cometer o mesmos erros e extraer moitas ensinanzas, como por exemplo:
-QUE A VIDA É ALGO MOI SERIO.
Regálasenos para que a disfrutemos.
Disfrutala é aproveitar cada instante para aprender algo que a mellore.
Disfrutala é agradecer a chegada dun novo día.
Disfrutala é traballar cada día para ganar o sustento.
Disfrutala é compartir cos que nos rodean.
Disfrutala é deixar bos recordos no corazón das persoas que nos acompañaron no camiño da vida.
A veces os froitos son tardíos e precisan paciencia e resiliencia.
-QUE CÓMPRE POÑERSE Ó DÍA
A vida vai cambiando constantemente e co paso do tempo imos aprendendo algo novo e contamos con máis medios ó noso alcance.
Os erros do pasado xa quedan atrás.
Se o fixemos o mellor que puidemos, xa podemos darnos por satisfeitos.
Pero non podemos quedarnos anclados.
A nosas neuronas son flexibles para admitir novos coñecementos e modos de vida para disfrutalos e poder conectar e convivir cos que veñen detrás.
As relacións interxeracionais son de vital importancia: saímos gañando todos.
Con paciencia e resiliencia consíguense moitos avances.
-QUE O QUE ALGO QUERE, ALGO LLE COSTA
A vida regálasenos gratuitamente; pero neste mundo todo ten un prezo.
Quen quere chegar a algo, ten que esforzarse por conseguilo.
Para soster o noso organismo, temos que alimentalo.
Os alimentos costan cartos.
E os cartos hai que gañalos.
Para alimentar a nosa mente hai que estudiar.
Os estudios costan esforzo e sacrificio.
Para satisfacer as nosas necesidades afectivas, temos que amar.
Amar tamén leva consigo renuncias.
Manter a nosa alma en bo estado de saúde espiritual esixe disciplina e autodominio.
Quen quere ter amigos, ten que gañalos e merecelos.
Quen quere ter unha vida digna, ten que esforzarse diariamente durante toda a vida.
Para todo eso precísase moita paciencia e moita resiliencia; pero consíguese.
-QUE Ó NOSO CARÓN HAI MOITAS VIDAS EXEMPLARES.
Temos vidas exemplares no reino animal, no vexetal e tamén entre os humanos.
As formigas son un bo exemplo de laboriosidade e cooperación.
As abellas traballan arreo para manter en equilibrio a vida vexetal coa polinización ademais de darnos un exquisito alimento como é o mel.
Tódolos animais domésticos contribúen ó benestar humano.
E tódolos animais salvaxes fan posible o equilibrio ecolóxico.
Os vexetais dannos: alimento, madeira, mobles, sombra, osíxeno..
Ensínannos a conserva-las raíces, a dar o mellor de nós e a aguantar os avatares que nos presenta a vida.
-QUE EXISTEN HUMANOS EXEMPLARES.
Son o sostén do mundo:
Mulleres abnegadas no fogar, na vida laboral, na vida social que son o alento que mantén o mundo a base de moita paciencia e moita resiliencia.
Homes que miman as súas esposas, que coidan dos seus fillos, que traballan moi duro para colaborar na construcción dun mundo mellor cada día...
Son persoas cargadas de paciencia e resiliencia que sacan forzas de onde sexa para deixar un bo legado ós que veñen detrás.
Estas persoas teñen un mérito especial porque moitas veces teñen que nadar contra corrente.
Este tipo de persoas, que chamamos santas, sempre o tiveron difícil ó longo de toda a historia e nestes tempos tamén.
Trátase de persoas que teñen clara a súa misión: saben de onde vimos e a onde imos.
Son as persoas que traballan polo progreso integral da persoa humana.
Traballan para satisfacer as necesidades físicas, psicolóxicas e espirituais do xénero humano.
Esas persos son o sal e a luz da terra.
"SAL E LUZ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES