Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ouveo dos lobos sempre causa temor

viernes, 06 de marzo de 2009
Xa temos outro mapa político desta fermosa terra de Galicia. Volveu o PP a San Caetano, máis ben volveu por deméritos dos que estaban que por méritos dos que volven, en especial primou toda aquela bosta que fedía abondo no bipartito ocultando os logros que se acadaron nestes catro anos, neste caso non souberon vender moi ben o que fixeron, onde o PP tivo unha capacidade de fabricar con unha alta doses de demagoxia sen argumentos unha campaña navalleira.

Nesta sociedade de líderes escuros, mediocres e grises (poucos se salvan deste cualificativo), na que a liberdade de opinión soamente a fabrican como máximo tres grupos mediáticos, onde cada un deles buscou levar a súa sardiña onde máis quente. A cousa tivo pouco marxe para pensar libremente, os miolos non asimilaron a verdadeira razón de todo isto, non lle deu tempo, o bombardeo mediático foi dunha machucadura continua que nos esquecemos da verdadeira razón que nos podía interesar.
Aínda hoxe eu non sei cal vai ser esa política do PP cando comece a gobernar, o motivo foi que algúns políticos coa axuda destes medios afíns case atrofian o meu disco duro de tanto esterco que votaron á rúa.

Por iso atérrame que os que chegaron a gañar indiscutiblemente por maioría dos votos da poboación, traten de facer e impoñer ese modelo neoliberal tan defendido polo PP e case ocultado nesta campaña por tanta bosta mediática, xa que esa é a súa ideoloxía, sabendo que esta grande crise mundial que estamos a pasar -“lo que te rondaré morena”-, foi provocada por esas políticas desde fai dúas décadas.

Teño temor a que pasará coas políticas enerxéticas. ¿Que acontecerá co Plan Eólico?. Seguiran con mesmo plan onde as industrias que teñen as adxudicacións fican unha parte dos beneficios que pasarían ao pobo, ou volveremos a esa política nefasta neoliberal de adxudicacións se dar ren a cambio.

Teño temor coa Lei de Protección do Litoral dos 500 metros do linde da costa, que vai pasar.

Teño temor ante o que poidan facer sobre o da vivenda, cousa que a Concellería onde estivo Teresa Táboas, desde o meu punto de vista foi unha das que mellor funcionou con tódolos seus defectos. ¿Continuará esa mesma política de vivendas de protección social coa recuperación dos cascos históricos para unha boa calidade de vida?.

Vexo moita escuridade. De tantas árbores case non me deixan ollar o monte e sinto o ouveo dos lobos que causa eses temores. Ogallá este trabucado para ben desta Galicia.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES