Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 09 de enero de 2024
As inxustizas da igrexa

O meu amigo Aquilino, ese que se enfada cando o chamo algunhas veces e, si, mátolle a cabeza cos meus ruxerruxes, foi el o que me chamou o outro día e, sen saudar nin nada, empezou a esbardallar contra a Igrexa, a causa dunhas declaracións do bispo de Ourense, nas que comentaba que a amnistía famosa esa, era unha inxustiza. Foi a partir desta última palabra cando entrou a matar comigo.
Pingas de Orballo Que o arrepiaba moito que a Igrexa falase de inxustizas. A Igrexa!, me berraba Aquilino. Que non me fai falta falar da Inquisición nin dos abusos a menores para saber das inxustizas deles. Que lembro as veces que lles había que axudar ós cregos das parroquias a sementar as patacas, por exemplo, e logo a apañalas e sen nada a cambio. E todo porque si, ou porque simplemente era o señor abade. Nunca vin nos seus eidos a un rico!, me berrou Aquilino. Sempre eramos os mesmos pombos!
É máis -seguiu-, podo poñer o exemplo do teu propio pai, que lle deixaba o burro para os desprazamentos ó cura de Baños de Molgas e, logo, este, seica nin lle daba un carroucho de millo ó pobre animal. Mentres o Pulido (era boa persoa, pero...) andaba a cabalo do voso burro, teu pai cargaba con feixes de nabos ó lombo... coma un burro!, seguía a berrar Aquilino.
Fala a Igrexa de inxustizas! Ti mesmo tes comentado moitas veces o 'asalto' co que acometían as casa o domingo de Pascua, que coa escusa de bendicilas, había que lle ter preparada a canastra, a cesta coa, como mínimo, media ducia de ovos que, por suposto, deixaba de vender túa nai, cando precisamente todo se vendía para subsistir. Mira, é que non me estás vendo, pero teño o corpo estarrecido desde que souben desas declaracións. A Igrexa! Pois si que topamos con ela... E, sen máis, colgoume. Este Aquilino...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES