Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'As bágoas das figuriñas do Belén de Begonte'

viernes, 05 de enero de 2024
(Todas as obras humanas , sexan feitas de calquera tipo de materia, levan no seu ser os sentimentos do autor, por iso as persoas, que fomos creados con barro polo Todopoderoso, temos nos adentros bondade, ainda que nalgunhas ocasións, por desgraza , non amosen esa diviña aportación.)

Este aninovo chegou a visitar o Belén de Begonte unha desas moitas familias que veñen durante os meses do Nadal a gozar contemplando obra espiritual tan abraiante . Os protagonistas, neste caso, era un matrimonio e o seu fillo, un cativo duns cinco anos de vida. Dende as bancadas fitaban con ledicia a gran obra do Belén de Begonte. Tan asombrados estaban que nin falaban entre eles, todas as olladas ían cara a ese emblemático Belén . Cando ían a saír o neniño dixo en voz baixa aos pais:
- "Agardádeme na porta na saída, vou a ver dun xeito máis pormenorizado as figuriñas máis preto."
Os proxenitores marcharon e esperaron na entrada do "Centro Cultural Domínguez Guizán". Tardaba o rapaciño en volver pero eles estaban moi tranquilos porque atopábase no mellor sitio do mundo onde un neno pode estar no tempo infantil, no do Nadal.
O peqerrecho cando estivo xunto as figuriñas abriu os seus bonitos ollos coma pratos berrando:
-"¡É verdade, todos/as tedes no vosos rostros, sexan de madeira ou barro, unha ingrávida bágoa! ¿Por qué? ¿Non estades felices sendo membros deste grandioso belén?"
Houbo durante uns intres un profundo silencio pero despois, a figuriña que estaba preto do rapaz fixolle un aceno agarimoso para que estivera máis preto ainda pois quería decir algo; en verdade, eran tantos/as os/as visitantes que non entenderían a feble voceciña dunha figuriña, pero os neno/as gozan do don de percibir as mensaxes por moi quedos que sexan pronunciados. Entón asi faloulle aquela figuriña:
-" Rapaz , estamos con certa mágoa porque onte escoitamos ler a uns vistantes unha misiva publicada en 'Galicia Dixital' moi fermosa , emotiva pero, para nós e toda a familia deste Belén de Begonte , enchida de tristura."
O cativo embargado pola curiosidade pidiulle moi baixiño:
- "Por favor, conta ¿Qué dicía ese artigo?"
A figuriña intentando repoñerse asi fala:
- "Estaban, coma sempre nestes datas, estas bancadas atiborradas de xentes e , dous que xa marchaban detiveronse no umbral da entrada e, un deles comentou:
- "Mira, aí está D. Xesús, ¿liches a súa despedida nese artigo de opinión do diario Galicia Dixital?."
O outro contesta:
- "Non sabía nada"
E prosigue:
- "Agarda por favor , vou buscalo".
Sacou do peto o seu teléfono e, entrando na páxina dese prestixioso e recoñecido diario comezou a ler en voz alta ao seu acompañante aquelas verbas, e todos os que somos figuriñas deste Belén de Begonte escoitamos esa mensaxe que trasmite agradecementeo e satisfacción por vivir arrodeado de persoas entregadas, xente , veciños ou non deste Begonte do Belén, que, seguindo o seu exemplo, unha tarefa de unión fraternal, coma ben di, quixeron darnos vida para ensalzar a laboura cristiá e a nosa Galicia eiqui representada nos seus traballos tradicionais. En todas estas figuriñas brotou unha tenra bágoa por esa despedida de D. Xesús Domínguez Guizán, abnegado continuador da obra do seu irmá o crego D. Xosé e de Xosé Rodríguez. Dando grazas atodos/as pero verdadeiramente os que temos que darlle grazas somos todos/as.
Ti, observaches esa bágoa que non todos ven, pero ela vai cargada da ledicia de todas as persoas que aportaron o seu gran de laboriosidad para que vivamos o espíritu do Nadal.
D. Xesús, o guía espiritual de Begonte deixa unha mensaxe grandioso, un orgullo para este Belén de Begonte, e a piques estivemos de berrarlle ao lector do mesmo dicindo:
- "¡Vivan esas verbas e viva o seu autor, ese sacerdote exemplar que é parte da nosa vida e sempre estará na memoria do Belén de Begonte!".
Comprendendo a emoción e a tenrura que inundaba a todo o Belén de Begonte o neniño rozou agarimosamente coa súa man a aquela figuriña e chorando saiu do salón dirixindo ao Nacemento unha ollada para o Neniño e os seus Pais.
Cando chegou xunto aos seus, vindo estes co neno estaba cos ollos chorosos pregúntanlle:
- "¿Por que choras, o meu rei?"
O cativo fitando cara as brancas paredes do Centro Cultural contestou:
- "Chorarei ata que non vexa que eiqui na entrada desta porta, nesa parede está grabado esa mensaxe inmortal que é palmario exemplo para as persoas de que Begonte é toda unha familia a imitar."
Os proxenitores agarimando ao fillo dicen:
- "Filliño, D. Xesús merece todo e a familia do Belén de Begonte tributará ao seu presidente as mellores homenoxes e recoñecementos e de seguro que ese texto, esas verbas que saen do seu corazón estarán neste portalón para que todos os que eiqui cheguen , antes de entrar, lean un especial humano e espiritual mensaxe , o dunha vida consagrada ao Belén de Begonte e a sementar exemplarizantes valores."
Marcharon e o neno proseguiu dándolle voltiñas na súa cabecina a unha das frases daquel mensaxe:
"... Isto non é un adeus senón un ata sempre. Retírome da acción, pero quédome na fe, na compaña, no ánimo e na ilusión."
(Jesús Domínguez Guizán)
E logo comentou:
- "D. Xesús é un modelo desas persoas que demuestran vivir e difundir, día a día, o espíritu do Nadal."
Non habería pasado un ano e preto da entrada ao Centro Cultural estaba nunha praca reproducido esa mensaxe , as verbas dun sacerdote que realiza unha grande laboura na triple dimensión de espiritual, social e cultural, conseguindo que a obra dos dous Xosés medrará para o ben de Begonte, Galicia e a humanidade.
Apertas e felicidades a Familia de Begonte por ter un grandioso guía, D. Xesús Domínguez Guizán, que é eterno fareiro deste fanal de espiritualidade que alumea noite e día na Chaira propagando raiolas de humano e celúrico brillo.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES