Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida, como un videoxogo

jueves, 05 de marzo de 2009
Ou quizais un videoxogo como a vida.

Resulta que nos estados Unidos de Norteamérica veñen de sacar ó mercado un novo videoxogo que, como especial característica, permite darlle de losqueadas ós banqueiros, gañar diñeiro virtual e logo repartilo entre todos os que non poden pagar as súas hipotecas ós bancos.

O gañador do xogo obtén un saco de diñeiro –naturalmente virtual- que pode repartir entre os donos de casas que se enfrontan a un desahucio, á vez que propina golpes coa man aberta ós banqueiros con maiores soldos do mercado, que van aparecendo na pantalla coas súas figuras, rostros, vestimentas e cifras que perciben como emolumentos habituais.

Maior actualidade temática non pode esixírselle a un videoxogo que cabe supor que precisa dun certo tempo de elaboración antes de saír ó mercado. E alí, en Norteamérica, o problema ven ser como aquí que os bancos prestaron diñeiro con demasiada alegría sen controlar as posibilidades de devolución e por eso moitas vivendas van ser embargadas ós seus propietarios actuais por non poder pagar as amortizacións previstas.

Non é máis ca un videoxogo, entretemento para os que buscan na Rede ou nas máis pequenas pantallas un momento de lecer. Pero poucas veces un entretemento se achega a un problema tan candente, tan xeral, e con tan difícil solución.

A vida, satirizada nun videoxogo. Un videoxogo que reflicte un anaco da vida actual cunha xeral e especial preocupación que, a falla de solución, serve para evadirse da realidade sen poder esquecela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania