Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (10)

martes, 02 de enero de 2024
A personalidade normal

O punto de partida para a análise dos trastornos da personalidade consiste en determinar o concepto da personalidade normal. En xeral, temos moito orgullo e non queremos recoñecer os nosos defectos.

A estes efectos considérase que os trazos caracterizantes da personalidade son os seus compoñentes, de:

-. Cognición, consistente na forma na que o suxeito se interpreta a si mesmo, e instrumenta ás demais persoas e aos acontecementos. Para iso é un factor determinante o grado de intelixencia, considerado como a capacidade do individuo para percibir e interpretar axeitadamente a realidade da súa vida persoal e social, para o que é un presuposto fundamental o grado de desenrolo intelectual, de coñecemento, de exercicio dos procesos intelectuais e de socialización adquirido nas actividades educacionais e nas propias experiencias e condicións estruturais persoais.

-. Afectividade, consistente na amplitude dos factores que determinan unha resposta emocional; o espectro destas respostas (alegría, ira, decepción, indiferenza, entusiasmo, excitación motriz, amizade, afecto, amor, etc.); a adecuación dos respostas á súa causa; a intensidade e maila duración de tales respostas.

-. O control dos impulsos, capacidade de suxeitar o comportamento a avaliacións e a decisións racionais, en vez de executar as condutas en forma totalmente espontánea, e incluso deixándose levar polos meros instintos, sen unha serena avaliación das súas consecuencias.

-. A actividade interpersoal, resultante da relación con outras persoas nos ámbitos da convivencia, sexa familiar, educativo, laboral ou simplemente social.

En base a estes compoñentes a personalidade está constituída por trazos de pensamento, afectividade e estilos de comportamento que, normalmente, exprésanse en formas estables, ou polo menos oscilantes dentro de parámetros limitados, ao longo do tempo e en forma coherente respecto das situacións de vida do suxeito.

Conforme a este conceptos, algúns autores definen a personalidade como "a organización dinámica dos diferentes sistemas psicobiolóxicos do individuo, que permiten unha mellor adaptación, e cuxa organización depende da maduración neurobiolóxica, das experiencias interpersoais e afectivas, e da incorporación de normas sociais".

Cabe considerar como normal un prototipo de personalidade que, se ben desde un punto de vista da psicoloxía caracteriza e diferencia a cada persoa do resto das demais, se desenvolve no ámbito da súa vida interna e da súa vida de relación, ante os eventos internos e externos con que se contacta, mediante respostas condutivas que, dentro das marxes da liberdade e da racionalidade, axústanse a unha correcta percepción da realidade, son coherentes cos factores determinantes na súa natureza, intensidade e duración, e correspóndense coas pautas de conduta e de valores requiridos pola convivencia no seno da sociedade.

A personalidade trastornada produce incapacidade funcional significativa tanto para o desenvolvemento da vida interna do individuo, como na súa relación social, educativa, laboral, sexual, cultural, política...; etc.; séxase, en tódalas áreas da vida.

-.-

"Quien a buen árbol se arrima buena sombra le cobija"

Pero aquí en Galicia dicimos,
Coñecémonos (10)
¡Hai que beber en boas fontes!


Os casteláns adoitan ser moi "escuetos": ¡é a súa edafoloxía, que tamén inflúe na personalidade, pero nisto, neste refrán, teñen toda a razón.

En xeral, parámonos pouco na feira, nas feiras sociais. Nas outras feiras antes de decidirnos ben que analizamos os xéneros, as reses, dentame incluída, pero nas amizades, na súa selectividade, poñemos unha atención superficial escasa.

Isto non significa que non amemos ao próximo, ¡coma a nós mesmos!, pero unha cousa é a cordialidade, a comunicabilidade, e incluso a cortesía, e outra moi diferente darlles a nosa entrega afectiva, comunicativa, total.

Xa desde nenos, as malas compañías teñen, fan, perigosos os contactos. Dos contactos físicos fuximos, aínda que esteamos vacinados; ¡máis ou menos!; pero as malas conductas, os comportamentos nocivos, voan, contamínannos, alén do corpo, de alma a alma. Por maduros, por formados e reformados que esteamos, á larga, e tamén pode ser que á curta, os malos exemplos, as tentacións egoístas, acaban tapándonos os ollos, cegándonos, asimilando proveitos aparentes, que máis tarde, ¡ou máis cedo!, turbiarán o noso carácter; en definitiva, a nosa alma.

Todo isto é recíproco pois os nosos excesos, os nosos pecados, a nosa soberbia, tamén contaxian, ¡e a saber o dano que estamos facendo, o mal, ou males, que causamos! Se somos malos, sexa de forma temporal ou permanente, se non damos expurgado a nosa malicia, polo menos disimulémola, escondámola..., para que non cause transmisións nefastas!

En tódalas escolas se aprenden leccións, sexan positivas ou negativas: Estando un día na feira de Castroverde, con meu avó falando do tempo co Gandoy de Veiga, achegóusenos un potencial comprador da vaca do Xusto: -E logo, esta vaca, véndese? Xusto: -¡Sempre que haxa un comprador que a mereza, si! -Pois ese podo ser eu, que teño a nora a parir, e hai que coidala, con boa manteiga..., que se trata de coidar dous, dúas persoas! ¿Ela dá tanta leite como aparenta?

A vaca tiña unha ubre que non cabía nunha cesta; e o Xusto, abrindo os brazos para darlle máis expresividade á súa afirmación: -Mira, ho, se cho digo non o cres! ¡E creullo, que lle pagou pola vaca o mesmo que pedía Xusto! Xa de volta para a casa díxome meu avó e padriño, que por algo e para algo o tiñan de menciñeiro: -Mira, neno, vouche dar outra lección, pois esta é a miña obriga. O Xusto, ese Xusto de Gandoy, de xusto só ten o nome, que é máis pícaro cás cobras. ¡Con aquela expresión ambivalente enganou ao comprador! Gandoy tivo a vaca sen muxir, lo menos unha semana, e por iso lle inchou a ubre. Coas mesma verbas, tanto se pode dicir unha verdade coma unha mentira; así que, meu neno, ademais de oír hai que ver, aprender a ver os signos faciais do que nos fale, pois nas mentiras os ollos do mentireiro póñense colorados, avergoñados da lingua do mentireiro!

Tipoloxía dos trastornos da personalidade

Para a categoría e tipificación das psicopatoloxías da personalidade, os especialistas atéñense xenericamente ao Manual diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais, da Asociación norteamericana de psiquiatría, coñecido cono o DSM, ao que lle fan actualizacións periódicas, rexendo actualmente o DSM-IV.

Ese DSM-IV clasifica os trastornos da personalidade nos seguintes grupos e tipos:

-. O GRUPO A, integrado pola personalidade paranoide, a esquizoide e maila esquizotípica, cuxos caracteres principais, someramente expostos, son:

No trastorno paranoide da personalidade predomina unha actitude de moi forte desconfianza e suspicacia na relación persoal e social, e de interpretación errónea da realidade.

No esquizoide da personalidade existe na persoa unha desconexión nas relacións sociais e unha gran restrición da expresión das emocións.

No trastorno esquizotípico da personalidade existe na persoa unha actitude permanente de malestar nas relacións persoais, unha distorsión das funcións cognoscitivas ou preceptivas e un comportamento fortemente excéntrico.

-. O GRUPO B, integrado polos trastornos da personalidade antisocial, borderline ou limítrofe, histriónica e narcisista, cuxos caracteres principais, tamén someramente expostos, son:

No trastorno antisocial da personalidade existe unha carencia de internación dos valores básicos de convivencia social normal, unha ausencia de inhibicións respecto de actos agresivos e violentos que conduce ao desprezo pola violación da regras sociais.

O trastorno límite da personalidade caracterízase por unha intensa inestabilidade nas relacións interpersoais e nos afectos, unha gran impulsividade nas actitudes, e unha imaxe de si mesmo moi cambiante.



(A impulsividade é un rasgo da personalidad caracterizado pola reacción rápida, inesperada e desmedida ante calquera situación. Trátase dunha condición pola que a persoa non pode controlar os impulsos, as tentacións ou os desexos que sente, e actúan sen ter en conta as consecuencias dos seus actos).

O trastorno histriónico da personalidade caracterízase por unha forte inclinación a unha permanente busca de protagonismo, actitudes dirixidas a chamar a atención sobre a súa persoa, e a expresións de emotividade esaxerada. É un comportamento ata certo punto natural nos nenos, cuxa persistencia está vinculada a unha falta de maduración da personalidade.

O trastorno narcisista da personalidade, que se caracteriza por unha actitude de exhibicionismo, busca de espertar admiración e envexa, auto convencemento de ter dotes superiores e auto compracencia en exteriorizalos. A denominación provén dun suxeito mítico, Narciso, que, considerándose posuidor dunha gran beleza, mirábase nun estanque, e por achegarse demasiado terminou caendo á auga e perecendo afogado.

-. O GRUPO C, que comprende os trastornos da personalidade por evitación, por dependencia, e mailo obsesivo-compulsivo; tamén un trastorno da personalidade non especificado, no cal as persoas adoitan estar ansiosas e temerosas. O seus caracteres principais, son:

O trastorno da personalidade por evitación, que se caracteriza por unha gran reticencia ás relacións sociais, unha autoimaxe de falta de capacidades, hipersensibilidade á crítica e á frustración.

O trastorno por dependencia, tamén denominado como personalidade súcuba, que se caracteriza por unha marcada inclinación á submisión e á busca permanente de protección e de coidado.

O trastorno obsesivo-compulsivo da personalidade, que se caracteriza polo predominio obsesivo e enfermizo polo ordenamento ou o perfeccionismo, polo esaxerado coidado e precaucións (p. ex., limpeza ou desinfección), e por outros tipos de condutas persistentemente obsesivas ou compulsivas (p. ex., os xogos de azar).

O trastorno da personalidade non especificado, que comprende fundamentalmente:

-Cando existe unha característica básica dun trastorno da personalidade concorrendo con características doutros trastornos, sen que predomine abertamente un trastorno específico,

-Cando ostensiblemente existen trazos indicativos dun trastorno da personalidade, pero ese trastorno non está categorizado na clasificación (p. ex., o trastorno pasivo-agresivo).
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES