Retroalimentación
							Xiz, Xulio - viernes, 29 de diciembre de 2023
							  	En tempos, o desideratum da comunicación era que o receptor puidese responder ao emisor  en igualdade de condicións, mediante o feedback, ou retroalimentación. Na prensa escrita, un esbozo desa resposta eran e seguen a ser as Cartas ao director e na radio as chamadas telefónicas, pero ningún medio permitía esa conexión directa por imposibilidade técnica. E apareceu Internet para revolucionarnos a vida, e permitir unha conexión que non acredita participación ao mesmo nivel, nin a veracidade da información.
	Cando os medios tradicionais informan, sábese a súa ideoloxía, a profesionalidade dos informadores, a responsabilidade da información
 e os destinatarios podemos contrastala de inmediato dada a pluralidade de emisores.
	En Internet hai medios acreditados, moitos vencellados aos medios tradicionais, pero ao poder ser emisor calquera, a rede ven ser campo de batalla de combatentes incógnitos, e o receptor recibe información contraposta, interesada economica, social ou políticamente, inxectada anónimamente a través dos artiluxios dixitais.
	Os medios escritos teñen liberdade de empresa, só limitada polos elevados investimentos precisos; radios e televisións precisan investimentos e concesións gubernativas que supoñen condicionamentos importantes. A Rede non require grandes investimentos para informar, nin ten os controis ca os medios tradicionais.
	Medios tradicionais e medios en internet teñen plena credibilidade informativa, pero o difícil é distinguilos dos kamikaces que perxudican á rede, combatentes en guerra que bombardean ese campo de batalla para desinformar e desestabilizar.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora