Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lixo

miércoles, 04 de marzo de 2009
Tamén en crise, o lixo. Tamén no lixo que verquemos os galegos se nota se vivimos en épocas de euforia ou de contención de gasto. Pois o lixo actual acredita que estamos en tempo de vacas flacas.

Existe unha Asociación de Empresas de Limpeza pública que ten as súas enquisas e os datos correspondentes ó lixo que recolle en Galicia e en toda España. En Galicia, referido ás máis importantes cidades que teñen encomendada esta función a empresas que forman parte desta asociación.

Os datos que Aselip manexa son que desde que comezou a crise, no decurso de 2008, a cantidade de lixo recollida ven ser dun vinte por cento menos que anteriormente, porcentaxe que tamén se acredita cos datos dos tres mil cincocentos concellos de toda España nos que os membros desta Asociación interveñen.

Non nos imaxinabamos que o lixo que producimos era pesado e analizado, pero parece lóxico nesta época na que todo se cuantifica e investiga. Daí salen datos coma este, que ven acreditar que cando as cousas non van tan ben como cando hai bonanza, aproveitamos máis ou gastamos menos e producimos menos residuos.

Velaquí a crise, desde o máis alto ó máis baixo. Desde as esferas máis encumbradas do goberno da economía, institucional ou privado, ata os recipientes que recollen o que non queremos connosco por non servirnos xa para nada.

Nalgún momento xurdirá unha nova que indique que algo mellora. Por agora, non. Nin o lixo, que xa é dicir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES