Merece a pena
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 28 de diciembre de 2023
O sacrificio é costa arriba para todos.
A ninguén lle gusta.
Ninguén se sacrifica por gusto a non ser que mereza a pena.
Afortunadamente moitos estamos de acordo que o sacrifico ten un valor inmenso en moitas das situacións que se nos presentan na vida.
-DOUS NON REÑEN SE UN NON QUERE
¡Cantas veces temos que renunciar ó que pensamos que é de razón para evitar problemas maiores!
Por exemplo: por razóns de convivencia.
Para convivir hai que saber perder en máis dunha ocasión.
A Sagrada Biblia fala de setenta veces sete.
Perder cando estás convencido de que a razón che asiste, supón unha boa dose de autodominio.
Pero merece a pena porque a paz non ten prezo.
-ESTUDIAR É UN SACRIFICIO
Hai que madrugar.
Hai que apreta-los cóbados.
Hai que esforzarse por atender ás explicacións.
Hai que entender o que a veces costa moito.
Hai que soportar os compañeiros que só van a encordiar.
Hai que soportar algún docente que costa entendelo.
Hai que privarse de tempo de ocio.
Hai que botar unha boa parte da vida, ou toda a vida, dedicada ó estudio.
Pero merece a pena para conseguir unha formación e un nivel de vida aceptables.
¿Que pasaría se non houbera persoas que se consagraran ó estudio?
Seríamos moito máis ignorantes do que somos.
Non levaríamos a nivel de vida que levamos.
Non teríamos aspiracións.
Non evolucionaríamos como especie.
-TRABALLAR É UNHA LATA
Un traballo esixe dedicación.
Un traballo absorbe boa parte da nosa vida.
Un traballo que nos gusta, facémolo con entusiasmo; pero eso non quita que sexa sacrificado.
Un traballo manual esixe maña e forza en moitas ocasións.
Un traballo ó aire libre enfróntamos coas inclementcias meteorolóxicas.
Un traballo nunha mina exponnos ó grisú.
Un traballo intelectual esíxenos moito esforzo mental.
Un traballo tamén nos dá moitos quebradeiros de cabeza.
Un traballo prodúcenos estrés para estar sempre a punto.
Un traballo espiritual esixe dor de corazón cando a frialdade espiritual abunda.
Un traballo na rúa esíxenos precaución ante a inseguridade reinante.
Un traballo esixe moitas renuncias.
Pero merecen a pena.
-LOITAR POR UN MUNDO MELLOR É SACRIFICADO
Loitar contra a inxustixa é unha ardua tarefa.
Arriscar a propia vida para salvar a doutros, esixe sacrificio.
Socorrer ós necesitados, signifca desprenderse dunha parte dos intereses persoais.
Ser xenerosos é unha necesdiade; pero esixe renunciar a un mesmo.
Ser pacientes, cando a pacienia está a punto de acabarse, é todo un sacrificio.
Ensinar ó que non sabe, esixa dedicación e paciencia; pero cómpre facelo.
Perdoar ós que nos ofenden reiteradamente é un acto que esixe moito autodominio.
Dar un bo consello a alguén, resulta moi caro nos tempos que nos toca vivir; pero por nós que non quede.
Visitar a unha persoa enferma esixe sentir a súa doenza e, a veces, costa moito.
Custodiar á poboación reclusa, non é un labor agradable; pero é meritorio
Enterrar un ser querido, non é un pracer; pero, cando chega a hora, hai que facelo.
Axudar a outro a saír dun apuro, pode ser costoso; pero convén facelo porque ninguén está libre de verse nesa situación.
Levar unha vida moderada, esixe renuncias; pero convén.
Todas estas e outras moitas situacións coas que nos podemos encontrar ó longo da vida esixen moito esforzo e dedicación.
Pero merecen a pena porque o esforzo e a dedicación son dous valores que hai que cultivar.
"ESFORZO E DEDICACIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora