Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

In memoriam: Pepe Rubianes

martes, 03 de marzo de 2009
Pepe Rubianes Alegret naceu no mesmo pobo que eu nacín Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), o 2 de setembro de 1947, o coñecín fai tempo e cando me achegaba a Barcelona moitas veces nos víamos. Lembro a última vez que falei con el, foi por teléfono nun momento bastante crítico para a súa persoa, a miñas palabras foron de apoio e solidariedade.

Unha grande perda. Era un anaco grande de artista. Era un exemplo na vida e na forma de vivila, sen dúbida un dos grandes cómicos galaico-cataláns que xamais esquecía a súa terra, sempre estaba a falar de Vilaxoán, tanto en público como en privado.

Foi unha das poucas persoas que nos momentos non moi doados da democracia, chamou a cada cousa polo seu nome en especial a algúns políticos. Un dos poucos neste país que lle chamou ao pan pan e ao viño viño e sen pelos na lingua. Na súa vida persoal era un home tímido abondo e lle gustaba pasar desapercibido pero con todo crecíase no escenario ata dalo todo.

Sempre utilizou un humor intelixente e o seu arte non estaba ao alcance de calquera, porque era único no seu traballo de interpretar, por dar vida aos nosos sorrisos, por arrincar montóns de gargalladas, por facer chorar de cando en vez nun ataque de risa. Todo era entrega, devoción na posta en escena en tremenda acción. Este país remata de perder a unha grandiosa persoa en tódolos sentidos e a un profesional como a copa dun pino.

¡Pepe!, os bos e xenerosos da túa terra galega, todos aqueles en xeral que comprendían as túas palabras intelixentes na rúa e no escenario sempre estivemos e estamos contigo, aínda hoxe lembro aquelas verbas tan reais como a vida mesma: “Yo insulté a la España que mató a García Lorca”. Palabras que subscribo e apoio, non como moitos destes políticos que presumen de “progresistas” e actuaron hipocritamente neste caso.

Coido que Pepe debe estar no alén “descojonándose” de risa ao ver que neste país aínda agora e por moito tempo temos mentes casposas e de tan poucas luces como para non entender o que é o humor intelixente e as verdades cantadas na cara a aqueles que se senten ofendidos duns feitos execrables.

Votarémosche de menos, vaste sendo un grande, de seguro que non era a túa intención, pero deixas un oco imposible de encher, fuches irrepetible.

Agora vouche falar de ti a ti. ¡ Isto non se fai Pepe!. Nin se che ocorra repetir esta función, que de todas as que fixeches é a única que non ten ningunha gracia, pero ningunha gracia Pepe. Dígoche que sempre identifiqueime coas túas ideas de librepensador e valores éticos e morais dos que faltan nesta sociedade actual para desgracia deste país. Como di o noso himno galego Os Pinos: “...máis sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non...” E seguiran moito tempo sen entendernos. Que mágoa Pepe.

Moitas grazas Pepe polos grandes momentos que nos fixeches pasar, o teu humor estará sempre connosco, descansa en paz e que a terra che sexa leve.

Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES