Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (9)

martes, 26 de diciembre de 2023
Trastornos da personalidade
Coñecémonos (9)
Día Mundial da Saúde Mental


Denomínanse como trastornos da personalidade un tipo de alteracións psíquicas patolóxicas, ou psicopatías, que importan apartamentos do que cabe considerar o estado de normalidade na conformación da personalidade, e que, sen ingresar na área das patoloxías terminantemente psiquiátricas, poñen de manifesto frecuentes condutas individuais ou de relación social, claramente anómalas.

O carácter netamente patolóxico dos trastornos da personalidade consiste na existencia, estrutural e permanente, dun patrón estable e inflexible de comportamento, que se pon de manifesto nunha variedade de situacións sociais e persoais. Por tanto, as trazas definitorias dos trastornos da personalidade danse nas personalidades normais, pero ocorren circunstancialmente respecto de episodios concretos ou ocasionais, polo que non chegan a conformar un patrón permanente e característico da persoa.

A ocorrencia de actitudes ou comportamentos das persoas que presentan caracteres polo menos afíns aos factores que configuran trastornos da personalidade, é unha circunstancia á que debe prestarse unha atención especial; tanto desde o punto de vista da vida interior persoal, como respecto do comportamento das persoas coas que se ten relación, sexa familiar, social ou afectiva. Por canto, a pesar de tratarse de manifestacións circunstanciais, revelan un tipo de inestabilidade primario da personalidade, que pode ter diversos grados de intensidade, e que, por tanto, pode manifestarse en forma incompleta, por inclinación da persoa a reprimilos, ou porque non acadou un grado elevado de arraigo, pero que, de non evolucionar nun sentido de normalización das condutas, pode conducir ao seu agravamento ou consolidación. Por iso, prestar atención aos comportamentos das persoas coas que se ten relación é moi importante, incluso aos efectos de determinar a conveniencia ou inconveniencia de persistir nesa relación.

Nesas condicións, resulta importante o coñecemento básico dos indicadores dos trazos propicios ao desenrolo dun trastorno da personalidade, e desa forma estar en condicións de formarse un criterio respecto á condición das persoas con quen se trata na vida corrente; de modo tal que permita evitar envolverse en situacións conflitivas, involucrarse nun relacionamento próximo ou permanente cos que ostenten condicións que conducirán a que esas relacións resulten problemáticas e incluso perigosas; e, en xeral, ter unha percepción máis lúcida das persoas coas que se trata, xa sexa en forma corrente ou ocasional.

A realidade social exhibe unha importante cantidade de casos de persoas que teñen unha forte tendencia a asumir comportamentos anómalos, séxase na súa actitude persoal ou na súa relación nos medios sociais, familiar, educaciónal, laboral, deportivo, político, etc. Eses comportamentos anómalos non teñen que consistir necesariamente en conductas extremadas e abertamente lesivas de valores sociais ou individuais senón que en boa parte dos casos pasan por ser excentricidades quizais anódinas, ou trazos persoais peculiares pero máis ou menos aceptables ou tolerables.

Así ocorre con diversas actitudes ou condicións cuestionables, tales como a inclinación á folganza, a banalidade dos intereses intelectuais ou culturais, a irascibilidade, a marcada egolatría, a acentuada inconformidade, a ambición desmedida ou a ausencia total de obxectivos de vida, o fanatismo deportivo, ideolóxico ou relixioso, a rixidez, a intolerancia e a inadaptación á convivencia na vida de relación familiar, afectiva ou laboral, especialmente nas relacións de parella, a deslealdade e a autoxustificación de conductas propias incorrectas recoñecidas intimamente como tales, a despreocupación polo futuro e a ausencia dun proxecto de vida, a ausencia de centros de interese na vida intelectual ou de relación ou, ao contrario, a unilateralización obsesiva e excluínte, a administración neglixente dos medios económicos; así como outras condutas similares, que en maior ou menor grado e con maior ou menor intensidade, suscítanse en forma bastante frecuente na realidade da sociedade, e que tamén son as que en gran medida tipifican aos personaxes de ficción da literatura ou do drama.

Neste último aspecto resulta bastante obvio que as necesidades estruturais das tramas da ficción literaria, na novela, no cine, e inclusive nas "telenovelas", conducen a presentar personalidades de compoñentes patolóxicos, cuxo comportamento resulte imbuído de raxos anómalos, xeralmente rifados en maior ou menor grado co respecto aos valores esenciais da convivencia social, da maneira de suscitar as situacións conflitivas que conforman a trama e conducen ao desenlace.

A circunstancia de que os trastornos da personalidade configuren psicopatoloxías francamente psiquiátricas así como que, desde o punto de vista clínico, o diagnóstico psiquiátrico da súa existencia nun suxeito se fundamente na condición de estrutural e permanente dos seus trazos definitorios como determinantes dos patróns de conduta esencialmente predominantes do seu comportamento, non obsta a que eses patróns de conduta operen con diverso grado ou intensidade de influencia nas persoas e a que, en consecuencia, a pesar de que iso non sexa determinante, absolutamente predominante do seu comportamento, igualmente teñan unha presencia que inflúe fortemente, non só na súa vida de relación senón e tamén no ámbito da súa propia internalidade mental, intelectual e anímica.

Por tanto, ocorre que a pesar de que non se atope clinicamente configurada unha personalidade afectada por un, ou por varios, dos trastornos clinicamente categorizados como francamente psicopatolóxicos, a influenza, aínda que sexa tendencial, dos trazos anteditos conduce ás persoas a unha condición psicolóxica e conductual incongruente, sexa cos procesos lóxicos do razoamento, sexa co adecuado axuste aos xenuínos valores éticos, sexa a unha adecuada percepción das condicionantes da vida en sociedade, sexa cunha certeira intelixencia (no sentido de entendemento) das actitudes e orientacións que habilitan a efectiva realización persoal nos diversos ámbitos da vida. Unha situación que non soamente ten repercusións negativas na vida individual ou nos ámbitos da relación directamente persoal senón que se amplifica, e a miúdo é deliberadamente explotada, nas actividades colectivas ou multitudinarias, tais como as de índole deportiva, política, sindical ou relixiosa, o que redunda en graves alteracións da vida social.

Os estados patolóxicos da psique, dos que esas situacións son resultado, xeralmente non son tomados en consideración na forma debida, polo que, na meirande parte dos casos non son diagnosticados en forma temperá, non son recoñecidos por quen os padece, nin aceptados aínda despois de diagnosticados, non motivan a implantación de tratamentos terapéuticos, e sobre todo non son debidamente previdos nas etapas iniciais do seu desenrolo. Trátase das patoloxías psíquicas máis frecuentes, aínda que de diversos grados, que con frecuencia non quedan claramente de manifesto ata que dan orixe a situacións graves, como intentos de auto-eliminación ou actos de grave violencia, e tamén de delitos.

En numerosos casos as persoas que padecen trastornos da personalidade, ou presentan en grado intenso algún dos trazos desa anomalía, non orixinan episodios da gravidade mencionada, e por tanto conviven abertamente na sociedade. Se ben en moitos casos a súa actividade non pasa de expresar condutas excéntricas e en certos casos dan lugar a resultados que adoitan considerarse valorables, por exemplo, nas artes, a súa presenza no ámbito social non é indiferente en canto, especialmente algún tipo de trastornos, adoita estar na orixe de alteracións nas relacións de familia ou de traballo, así como tamén teñen especial transcendencia na vida política da Nación, do que existen abundantes exemplos na Historia e tamén na actualidade.

Unha das características máis problemáticas que presentan as perturbacións e mailos trastornos da personalidade, consiste en que, entre os desarreglos de conduta que provocan, destácanse especialmente as desharmonías familiares, a irresponsabilidade e indisciplina nos ámbitos educativos e laborais, a inclinación a asumir actitudes reclamatorias ou conflitivas ante insatisfaccións ou frustracións, o radicalismo ideolóxico ou relixioso e a adhesión exasperada a "causas" reivindicativas, a inconsistencia afectiva e a inclinación á promiscuidade, e consecuentemente o ingreso nun ciclo perverso, no que a miúdo se incorporan as drogadiccións, que profundiza, acelera e agrava, a patoloxía psíquica, e pode chegar a convertela en franca patoloxía psiquiátrica.

Na escasa consideración que se presta ás psicopatoloxías que, en diverso grado, maniféstanse no comportamento dos que as padecen, especialmente no ámbito das relacións sociais, está a causa de boa parte das tensións e da conflitividade que afectan ás sociedades e aos países nalgunhas ordes da vida social e política, e que a miúdo se intenta resolver mediante medidas punitivas tardías, ou se encaran como obxecto de "políticas sociais", e incluso ata se avalían, erroneamente, como xustificado exercicio da liberdade política.
-.-

Aló por dentro

Aló por dentro, ben disimulado, ao ser humano quédanos, -supoño que son restos, ou consecuencias, daquela soberbia do Paraíso-, un afán enfermizo, malicioso, de gardar segredo de cantos coñecementos e/ou experiencias nos pareza que teñen beneficio persoal, propio. Estreouno Adán, cando lle respondeu a Deus: "Oínte no xardín, e tiven medo" (Xénese 3, 10). ¡Ah! Tivo medo de que se lle descubrisen os seus negocios con Satán, a súa insubordinación, a súa deserción!
Coñecémonos (9)
Farfallamos no superficial, no gratuíto, mais para dar clases, para compartir leccións, mentres sexa sen cobrar, sen beneficiarnos, nada! Cada persoa é, somos, un arquivo de segredos de estado, ¡do noso Estado!, así que, de feito, estamos freando a expansión da civilización, contribuíndo a iso, e coa civilización a socialización, a globalización.

Ben que nolo advertiu Mateo, no seu 22, 37-40: "Amarás ó Señor, etc. O segundo é semellante: Amarás ó teu próximo como a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas". Advertidos estamos, pero..., somos uns estraperlistas, incluso dos saberes.

Isto tamén me trae á memoria a miña experiencia dos primeiros anos no Banco Exterior de España pois os segredos que non estaban no programa das oposicións tardábamos anos en coñecelos. ¿Por que? Descubrín moitas cousas cando ascendín a Xefe, porque, ademais, puxéronme con un compañeiro que era comunicativo cos seus iguais, pero nada, ou pouco, cos inferiores, que me dixo, un día de whiskys: "A nosa autoridade descansa nos segredos que atesoremos; ¡cantos máis teñamos, e gardemos, mellor nos obedecerán!". ¡Pecados do ego!

Aquel sucedido tróuxome á lembranza outra lección do profesor Gallego, profesor en Madrid do Centro de Estudios Mercantiles y Económicos: "Para subir e dominar tes que aprender a ser humilde cos superiores e soberbio cos inferiores". ¡Que tío máis listo! A lección era maxistral, pero eu, ou torpe ou bonachón, non souben, ou non quixen, aproveitala.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES