Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Punto de retorno

martes, 03 de marzo de 2009
Os emigrantes galegos cando poden expresarse con libertade para os medios informativos da Terra son sinceros: Se levan moito tempo na emigración, con fillos e netos nados na súa nova terra, non poden pensar en volver. Son máis dalí que dacó, porque os lazos familiares con Galicia fóronse esvaíndo mentras nacían outros lazos fortísimos que lles impiden volver como quixeran.

Entendemos, pois, que hai un punto de non retorno a partir do cal xa non se pode pensar como galegos porque pesan máis os sentementos, as ataduras, as querencias co país de adopción.

Esto vese ademáis acrecentado pola distancia e mesmo polas especiais características do lugar ó que se emigrou. Europa está perto e España está en Europa. América aínda está moi lonxe.

Naturalmente que son miles de galegos os que suspiran por volver desde Hispanoamérica, tanto naturais como descendentes. Pero é moi difícil a volta. Sen embargo desde o resto de España e a Unión Europea, estase comprobando que sí é posible.

Nos últimos anos, máis de doce mil galegos abandoaron a emigración e volveron a Galicia, especialmente desde Cataluña e Euzkadi. E aínda quedan, posiblemente en punto de non retorno, algo máis de 82.000 en Cataluña, 77.000 en Madrid e 50.000 no País Vasco.

Nesta volta, haberá un importante componente de morriña, de nostalxia, de querer volver á Terra na última etapa da vida. Pero tamén haberá moito de fracaso laboral agudizado nos últimos tempos, que provoca a volta á casa na procura de maior comprensión, dunha natural acollida de novo.

Estamos en tempos de asentamento social, nos que Galicia recibe emigrantes que volven e inmigrantes do exterior ou do resto de España que acuden como a unha nova terra de promisión, confiando máis ca nós nas posibilidades deste país que agora comeza un novo tempo.

Esta chegada ou volta de retornados non ten porque ser mala, nin moito menos. Só falla que saibamos encauzala, absorbela, sen esquecer que se trata de man de obra moi válida que en tempos creou riqueza noutras comunidades ou países e agora, aínda con maior entusiasmo e motivo, pode seguir creándoa aquí.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES