Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes. (5)

viernes, 29 de diciembre de 2023
A saga dos menciñeiros Rafaeles de Quintela (Bazar)
Rafael, Manuel e José de Rafael

"O Borrallo de Lagoa... dáballes cita aos doentes
nos sitios máis raros, nunha fonte que hai a unha
legua de Pacios, ou cabo do teixo que hai en Vilarín,
ou no adro de Reigosa, á noitiña, curaba tolos,
morriñosos e afrixoados".

Álvaro Cunqueiro.

RAFAEL.- O Rafael era un home alto, recheo, vestía traxe e ornaba a súa cabeza cun sombreiro, era capador e menciñeiro, ía sempre de a cabalo ver o gando que tiña enfermidade.
Do Rafael era de salientar a súa coitela en forma de media ferradura de egua ou de media lúa, a devandita coitela agarrábaa pola parte que semella máis longa e cortaba Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes. (5)pola porción máis curta, con moita mestría e sacándolles, -con perdón- "as súas partes", cando os ranchos, cabalos ou becerros aínda eran pequeniños, logo cosía cunha agulla grande e torcida empregando cordón de cáñamo para o efecto.
MANUEL.- Coñecido como "Manuel de Rafael", dedicouse tamén ao oficio do pai, que, ademais de capador, tamén era menciñeiro. O Manuel era alto e bo mozo, recoñecíase porque sempre vestía boina e xa chegou a exercer a profesión non nun cabalo ou mula senón nunha moto Guzzi vermella na que cando acarrachanba a perna para sentarse nela, despois de facer o traballo, balanzábase o asento e baixábase antes de que o seu corpo tomase forma de descanso.
Mentres o pai, Rafael, era un home dos de antes, o Manuel era máis presumido ca o seu pai e foi o que lle ensinou a capar ao seu cuñado José de Rafael, o que despois sería un dentista moi afamado na contorna, coñecido polo súa arte de saber contar e de engaiolarte antes de sacarche a moa, pois o rito de falarche era xa media anestesia e sempre o practicaba con excelentes resultados.
Manuel quedou solteiro e sen fillos e cuns sobriños como herdeiros.
O que isto nos conta, chamounos un día porque unha vaca súa botara un bulto no lado dereito do pescozo, decidiron os dous, tanto Manuel coma Rafael, operala, sacáronlle o vulto, e a vaca curou.
O Manuel era un home de moita paciencia, dedicándose, ademais dos oficios de menciñeiro e capador ao de sacamoas; e o da moita paciencia ilústrase polo que agora vou contar:
"Sacoume unha vez unha moa tirándome cunha dentuza ou tenaces que tiña para arrincar as moas, sen anestesia, por suposto, en vivo, mais a condenícara non paraba de sangrar e o Manuel colleu medo esperando a que parase. Con moita paciencia deitouse tras do banco da cociña económica, que había en todas as casas de labranza, comeu con nós na casa e estivo desde pola mañá, ben cedo, ata as catro da tarde, ocasión na que parou de sangrar porque xa estaba estiñando o sangue facía un pouco, pero antes íame poñendo parches de auga fría na "covacha" que é o oco que hai caluga, por detrás da cabeza no que hoxe coñecemos como o bulbo raquídeo, despois colleu a súa MotoGuzzi encarnada e marchou por entre a néboa para Bazar, deixando un raxo de fume aínda máis branco."

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES