Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes. (4)

viernes, 22 de diciembre de 2023
O Señor José de Picos ou "O Picos"

"Descubrín que alcanzala Grande Obra
Non é tarefa duns poucos, senón de todolos
seres humanos que existen sobre a superficie
da Terra. Está claro que a Grande Obra non sempre
chega baixo a forma dun ovo ou dun frasco con líquido,
pero todos nós podemos, sen ningunha dúbida mergullarnos
na alma do mundo".

Paulo Coelho.

O señor José de Picos, coñecido popularmente como "O Picos", era baixiño, vestía sempre cun sombreiro que ladeaba e acaía na súa cabeza, penso que para presumir. Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes. (4)Vestía sempre moi ben, era raro non velo co seu traxe de xastre que daquela consistía en chaqueta, chaleco e pantalón, que era o que se vestía naquel entón. Chamaba a atención a súa maneira de falar, nunca sabías se che falaba en castelán ou en galego porque metía unhas palabras e, ás veces, frases, en galego e outras en castelán, torcendo dun idioma para o outro sen nada que a primeira vista un pensase que lle impedía cambiar dun idioma para o outro, supoñemos que o facía tamén para presumir, mais non o sabemos.
Vivía xunto da feira dos cochos de Castro, nunha casa grande, mesmo despois da casa do Maragato nunha casa que estaba arredada da estrada que vai hoxe para Abadín, alí vivía coa súa muller e dúas fillas e o mesmo cultivaba as súas fincas que che ía de menciñeiro a onde tivesen a ben de chamalo.
O señor José de Picos era menciñeiro de cochos, eguas e vacas.
Un día, aló polos anos trinta, antes da guerra incivil, chamouno o Pepe de Xan para que vise unha cocha da cría que estaba enferma e foina ver.
Díxolle o Pepe de Xan:
- "Que lle parece da cocha, Sr. José?"
E contestoulle
- "Habería que sangrala, pero si la sangro, se muere, y si no la sangro, se muere también".
Entón non a sangrou e morreu a cocha, que era moi boa e moi grande, porque as cochas de cría botaban, se acaso, cinco ou seis anos criando dos fillos e eran moi grandes e voluminosas.

Texto : Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES