
Celebrarase a entrega de Diplomas do curso 2022/23, mañá martes día 19, no Centro UNED da Coruña, situado na rúa da Educación, número 3 (xunto á escola de idiomas). O horario será de 11 a 13 h.
Asistirán o Novo Director e Secretario da UNED, o Vicerreitor da UNED de MADRID, o Director Xeral de Política Social da Xunta e os alcaldes dos lugares onde se imparte UNED SENIOR CORUÑA, o Coordinador da UNED SENIOR e os 200 alumnos que confirmaron a súa asistencia.
Actuarán as corais da UNED SENIOR. Pronunciarán unhas palabras as autoridades académicas e procederase á entrega de diplomas. Celebrarase a continuación unha comida de fraternidade, ás 14.00 horas no comedor da Facultade de Ciencias da Saúde xunto ao Sanatorio Marítimo de Oza.