Campás de Sabucedo
Cabada Castro, Manuel - miércoles, 13 de diciembre de 2023
Día e noite, en queda espera, aí estades,
en casto e fiel connubio emparelladas,
dende alongados tempos nomeadas
"pequena" a cativa e a outra a "grande".
Da man do campaneiro ou ben bailades
ou pranto facedes nas más desgrazas
ou quizaves anunciades á eguada
que ó monte iremos cando a chuvia pare.
Alá dentro, bifrontes campás, levo,
no fondo máis fondo da miña alma,
o voso ledo e mozo badaleo.
E tamén o soidoso e lento son,
cando quen me quería e eu amaba
calou e fiquei para sempre só.
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora