Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esquecidos da Democracia

miércoles, 13 de diciembre de 2023
Despois dos Días da Discapacidade e dos Dereitos Humanos, aproveito para lembrar que as vítimas do franquismo, que empezamos a existir cando se nos recoñeceu oficialmente como "subnormais", somos agora os esquecidos da democracia. Quedamos marcados polas secuelas da pandemia da polio e, aínda así, aprendemos a vivir en permanente superación ata que apareceron novos achaques nas partes que nos quedaron sas. Moitas neuronas morreron no ataque, as que quedaron para compensar traballaron en exceso e pasan factura en forma dunha síndrome neurolóxica, dexenerativa e progresiva, que mina a saúde a marchas forzadas, e da que non se Esquecidos da Democraciasabía nada ata comezos do 2000 porque nós aínda non tiñamos a idade suficiente. No ano 2009, a Organización Mundial da Saúde (OMS) catalogouna como síndrome postpolio co código G14.

Grazas a asociacións de afectados que levan máis de vinte anos loitando para facer presente a nova situación, loitando para que o Goberno recoñecese aos "nenos da polio" na Lei de Memoria Democrática, que na Disposición adicional undécima di: "En reconocimiento del sufrimiento padecido por las personas que fueron afectadas por el poliovirus durante la pandemia que asoló a España a partir de los años cincuenta del siglo XX, el Gobierno promoverá investigaciones y estudios que esclarezcan la verdad de lo acaecido respecto de la expansión de la epidemia durante la dictadura franquista. Así como las medidas de carácter sanitario y social a favor de las personas afectadas por la polio, efectos tardíos de la polio y post-polio". Teoría porque a realidade é ben distinta sen que a sanidade pública reaccione. Nun foro do que formo parte case a diario leo: «los médicos no saben que hacer con nosotros».

O fantasma da polio non desapareceu, aínda existe en países como Pakistán e Afganistán. Se ben non ten cura, pódese prever mediante a vacinación. España, co último caso en 1998, considérase libre da enfermidade, pero non podemos obviar o risco de que aparezan brotes, por iso no marco das XIV Xornadas sobre as Vacinas celebradas, no pasado mes de abril, en Ourense recomendaron non baixar a garda tras detectarse casos no Reino Unido, Israel e EE.UU.

A nosa epidemia deixou miles de vítimas, pero tamén permitiu grandes avances científicos desde os pulmóns de aceiro aos respiradores artificiais que resultaron vitais na loita contra o coronavirus. Deu paso á implantación dos calendarios de vacinación que permitiron controlar moitas enfermidades contaxiosas. É realmente desalentador que tampouco agora se nos dea a consideración debida. Aínda sendo importante, non é suficiente cun recoñecemento institucional e moral. Precisamos unha atención sanitaria de calidade e fácil acceso ás axudas técnicas complementarias.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES