Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a X.L. Reza Cabano, Compositor e Director de Corais

martes, 12 de diciembre de 2023
Foi o sábado da semana pasada cando se celebrou no "Auditorio Manuel Feijoo" de Outomuro (Ourense) unha sentida e máis merecida homenaxe musical ó mestre e director de coros Don X.L. Reza Cabano, compositor de acaídas partituras da polifonía da nosa terra. Eu mesmo, o abaixo firmante, amigo e veciño do compositor, ceibei as catro verbas que alí se dixeron en resumo da traxectoria do meu veciño, amigo, compañeiro e admirado Xosé Luis.

Díxose más ou menos isto, o que segue:

Moi boas tardes a todos e benvidos a este 7º Concerto do MEMORIAL P. MANUEL FEIJOO Música de Nadal.
E se este é o 7º, quere dicirse que antes houbo outros 6 e coa mesma teima: 3 en Santiago de Compostela, 1 en Pontevedra, outro en A Coruña e cos cantores e a orquestra da Sinfónica de Galicia, e un 6º, que foi o ano pasado neste Auditorio cos amigos do Grupo Resonet. Dicirvos que eu quero que daquí en diante "O Memorial P. Manuel Feijoo" se institúa e permaneza para "Sempre na súa terra", para "sempre na "Terra a Nosa"!, para sempre aquí! Veremos, pois...
Pero non quero perderme, porque os da Ulfe e As Marabillas xa están esperando! O caso foi así e deste xeito: alí, case na extrema deste concello, naceu no ano 1947 un neno que ó revés do que fan todos, el no canto de chorar, pois eso, púxese a cantar. E segueu a cantar cando o P. Manuel Feijoo o recibíu no Colexio Franciscano de Herbón Padrón Franciscano de Herbón-Padrón. Camdo durante 5 anos seguidos o P. Manuel Feijoo o educaba na solfa e nas materias que afian. Estilizan e educan a mente e o corpo da xente.
O neno, o mozo, chamábase e segue a charmarse X. Luis, e eus apellidos son Reza Cabano, o do seu pai Leopoldo e o da súa nai Elisa.
Logo o rapaz, xa mociño, pasa ó centro franciscano de Ponteareas, e sempre baixo a ollada agarimosa do P. Feijoo, segue a mergullarse nas augas medicinais e sanadoras que non son tanto as da veciña Mondariz, senón máis ben as da arte musical: a máis da voz, xa enreda e fai recreo nos teclados tanto do armonium como do piano. E máis do mesmo, pero xa en Santiago de Compostela, cando por aquelos anos xurdira nesa cidade a Nova Canción Galega de Voves Ceibes!
E despois daquelas datas, houbo un silencio na súa vida... ó que seguíu unha nova partitura: logo de estudar Maxisterio en Ourense, onde conoce á súa dona Maricarme Pérez, pasaron ámbolos dóus a Barcelona para traballar no ensino. Alí, X.Luis, trata de perfeccionar os estudos musicais e faino nas escolas do Liceo de Barcelona, e pronto empeza a dirixir distintas corais de por alí. Ó cabo dun tempo regresa a Galicia e remata no Conservatorio Superior de Vigo a súa carreira de Profesor de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañameto, materias que logo imparte nos Institutos de Ponteareas e sobre todo no de O Carballiño.
É entón cando recibe a encomenda de dirixir a Coral de Taboada ( Lugo), o Orfeón de Atios Porriño e o Orfeón do Carballiño. Esta circunstancia propicia ao noso músico, a X.L. Reza Cabano, a sorte de amosar a súa extraordinaria sensibilidad e xenio de compositor, para gozo e ledicia de todos nós: para que mellor lle funcionen os coros, adáptalles e componlles partituras de seu que ó Reza lle saen da súa máis profunda alma de abrevador nesa maravillosa Fonte das Marabillas que é o mundo. Estas súas partituras están hoxe publicadas, e isto é tamén o que con gozo e agradecemento celebramos esta tarde. E até aquí! E para sempre!
Para ocasión contamos esta tarde co ORFEÓN DO CARBALLIÑO. Esta agrupación coral xurdíu no ano 1993 dun enxerte da Coral do Casino da vila do Arenteiro. Seu primeiro director foi precisamente X.L. Reza Cabano, quen xunto coa directiva do Orfeón fundou o Festival de Habaneras do Carballiño que vai xa pola trixésima edición e actuou sempre con éxito en países como Arxentina, México,Venezuela, Francia, Portugal, Alemaña e Holanda. No territorio español fíxoo en Asturias, Andalucía, as Dúas Castelas, Madrid, Barcelona, País Vasco, Alicante, Cantabria e as 4 provincias galegas.
Actualmente seu director é o xove mestre Cristian Casas. ¡Daquella, con todos nós, e na honra do mestre X.R. Reza ¡Orfeón do Carballiño!
E foi unha lediciosa terdiña con remate de petiscos, talladiñas de pernil, pan de Cea e viña da nosa terra!
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES