Na capela de San Antonio de Momán colocamos un ano máis un belén que reflicte a realidade do que acontece no mundo.

O Xenocidio de Israel sobre Palestina é o tema deste ano.
Partindo de que Xesús é Palestino... Belén pertence a Palestina.
Se nacese hoxe, a familia de Nazaret fuxiría co seu fillo... este é o sinal que xa está ao comezo do Nacemento... un portal de Belén destruído polas bombas.
Despois podes ver unha escola destruída e unha nena palestina sangrante fuxindo co seu libro e despois un río como unha fosa común cos cadáveres envoltos en pano branco e toda Gaza sen comida e só animais soltos... a casa destruída cunha foto dunha nai da casa co seu fillo morto.
Xa chegamos á fronteira con Israel (onde hai un muro e unha foto de Netanyahu...con soldados para evitar que pasen). Ao lado do muro hai un escondite feito por terroristas (que tamén denunciamos a súa violencia) e mortes cometidas por terroristas... que en vez de defender o seu pobo, levárono á destrución total).
E entremos en Israel...onde se poden ver tendas... unha sinagoga con clérigos militarizados.

Despois unha torre cun símbolo americano... e apoio a Netanyahu e onde se pon a súa colaboración co Xenocidio... un castelo cun rei Herodes con rostro de Netanyahu que recibe aos Reis Magos... para dicirlles que volvan, que quere saber a ese Mesías (terrorista para el) e adoralo=MATALO e así mata a miles de nenos.
E unha foto na parede do Belén cunha nai en brazos co seu fillo asasinado e outra da Virxe María co seu fillo nos brazos, tamén asasinados.