Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fin de Campaña

viernes, 27 de febrero de 2009
Fin de Campaa

Remata a máis importante campaña electoral dos últimos tempos. Votamos na máis importante cita electoral dos últimos tempos. Ou sexa, a última por agora.

Como queira que a nosa memoria é selectiva, vai esquecendo acontecementos anteriores para que o correspondente espazo o ocupen novas sensacións. Non é máis ca un exemplo da practicidade da natureza que fai que vaiamos eliminando cousas do pasado xa inútiles pero coidando que se manteña presente a máis recente.

Nesta campaña, os equipos dos partidos aplicáronse a fondo. Os candidatos están presentes en Internet, participan en debates na radio e ocupan páxinas dos xornais. Ármanse tinglados provisionais en zonas céntricas, vehículos con carteis pasean as zonas urbanas. Moi pouco programa. Coido que só o de Terra Calega chegou a min cun xornal. É o mesmo, xa que ninguén vota pensando nos programas, especialmente se temos en conta que os escépticos -e cada vez hai máis- opinan que os programas confecciónanse para non ser cumpridos.

Se a estructura electoral funcionou á perfección porque os grupos están cada vez máis estructurados e experimentados, tamén á perfección funcionou o que está moi por baixo desa estructura, a guerra xorda de dossieres e confidencias, que nunca faltan en política pero florecen de xeito especial en período electoral.

Se nas eleccións o votante ten especial fixación polas persoas e polos partidos máis ca polos programas, nesta ocasión parece reforzarse esta tendencia que se manifesta de xeito moi especial nas eleccións municipais.

Rematou a campaña. Alea jacta est. A quen Galicia lla dea, nós temos que bendecirlla.


Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES