Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cárcere e o Nadal: Vexo algo de esperanza. Vexo Pedagoxía.

jueves, 07 de diciembre de 2023
Non son xurista nin me movo nese mundo. Vou ao cárcere cada semana desde hai quince anos como voluntario e desde alí quero expresar a miña esperanza.
Que pena de rapaciños novos, elas e eles! "Abride escolas e pecharanse cárceres. Odia o delito e compadece ao delincuente". (Concepción Arenal).
Esta semana, tempo de Nadal e festas familiares, algo me deu esperanza: "El juez del Penal 2, Jorge Hernández García, accedió a la suspensión de pena, pero realizó una explicación muy didáctica al acusado: «Esto no es una amenaza, pero quiero que le quede claro que no es que la pena no se cumpla; si vuelve a delinquir regresará a prisión, porque me veré obligado a revisar mi decisión». También le recomendó alejarse del mundo delictivo: «Y me refiero a todo tipo de delitos, desde una conducción sin carné, a una pelea, un hurto...», fue relatando el titular del juzgado a un acusado que ayer tuvo que regresar a prisión desde el juzgado, donde por la tarde se realizaría el trámite para su puesta en libertad. (La Voz, Ferrol. 06 dic 2023). Quero pensar que este señor xuíz, ademais de saber moito de leis, ten fillos. Parabéns!
O cárcere deixa marcas na alma ben difíciles de curar para a persoa concreta, para toda unha familia e para toda unha barriada. E a cidade vólvese triste.
O cárcere, como solución terapéutica, agrava e complica sempre a condición humana daquela persoa que entrou alí, non ben cumprida a maioría de idade.
E non é culpa do funcionariado penitenciario, a quen trato moi de pertiño. Salvo posíbeis excepcións, moi contadas, son excelentes profesionais, vocacionados e competentes. Na sociedade non sempre lles recoñecemos o seu difícil labor. Eles e elas saben moi ben que diante teñen unha persoa, moi triste e moi rota na vida. Necesitada de afecto, comprensión e respecto. Esa interna ou interno terá perdido todo na vida, incluída a propia valoración e ver que todo se lle vén encima. Pero nunha sociedade xusta nunca podemos anular a súa dignidade de persoa. E con frecuencia estamos moito máis abaixo do proceder equivocado dese home, muller, ancián ou adolescente.
A nosa misión é: rehabilitación, resocializción, reeducación, reintegración. Pero para onde? Para unha sociedade sen alma que o/a vai situar nunhas condicións peores das que xa xeraron a súa conduta enferma, pobre, sen oportunidades que crearon a súa delincuencia? Porque non nos equivoquemos. A delincuencia créase na sociedade que todos nós temos organizada. Hoxe, dia da Constitución. Que exemplaridade recibimos de "los padres de la Patria? No cárcere hai xente, moita, que non abreu a boca coma algúns próceres aforados/as. Saíron publicamente por TV.
Xa pode ser o problema psiquiatrico máis profundo ou proceder do medio social máis desestruturado. Xa pode desde antes de nacer ter unha historia de miseria, ou de pobreza, sen escola ou sen sanidade. Na sociedade seguimos clamando alto e inmisericordes, sen ir ás raíces: "Que o metan no 'caldeiro' e que apodreza no cárcere. E se é de fame e frío mellor". O cárcere non é o medio adecuado para todo. Para moi poucas cousas e causas serve. Dino desde hai moito tempo os entendidos. A sociedade tomamos o cárcere como a única solución para todos os problemas de "desviación social". O da rehabilitación e reinserción social, art. 25,2, da Constitución, iso non conta para nada?
Hai un clamor: Outra xustiza é posíbel. Outra sociedade é posíbel. Outra escola é posíbel. Outra sanidade é posíbel Outra economía é posíbel.
Por iso, como cidadán, felicito a cantos interviron positivamente neste caso. Por aquí xa se ve algo de esperanza. E felicito a Bea Abelairas, a cronista, por dar as noticias en clave positiva, buscando sempre "o outro lado das cousas": a parte construtiva, para irmos cara a unha sociedade mellor. Sigue por aí, amiga. Tamén ao avogado de oficio pola súa dedicación.
Nelson Mandela dixit: "Todas as persoas debemos preguntarnos: fixen xa todo o que está ao meu alcance para lograr unha paz e unha prosperidade perdurábeis na miña cidade, no meu país? A educación é o máis grande motor do desenvolvento persoal. É a arma máis poderosa para cambiar o mundo".
E nós, "la sociedad guapa" tomar nota. Algo teremos que aprender e facer Poñámonos no seu lugar! E se fose o meu fillo?.

FELICES FESTAS EN LIBERDADE!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES