Temos a obriga de votar
Editorial - viernes, 27 de febrero de 2009
E de pedir que se vote. Temos a obriga de votar todos os galegos con posibilidade legal de facelo. Temos a obriga de pedir que se vote todos os que estamos no mundo da comunicación, e temos unha responsabilidade pública.
Os galegos non temos outro medio de expresar legal e colectivamente a nosa opinión. Somente unha vez cada catro anos podemos pronunciarnos sobre quen vai gobernarnos e como debe facelo.
Todos sabemos que se vota, como se vota, a quen se vota. E por eso a expresión secreta da nosa opinión, feita en conciencia, elixindo unha papeleta e depositándoa na urna, é o xeito responsable de participar no goberno do País. Nada máis. E nada menos.
Este domingo, Galicia -como cada catro anos- xógase o seu futuro inmediato. Porque só a forza dos votos marca a liña a seguir na gobernabilidade da Xunta, na evolución socioeconómica de Galicia, nos temas que máis directamente nos afectan.
Non é que despois de votar desaparezan as nosas responsabilidades públicas, que temos que ter un comportamento cidadá, colaboración cos poderes públicos, contribución na medida das nosas capacidades económicas. Pero eso é o comportamento diario, cotián, que todo galego ten que ter por pertencer a esta comunidade vival.
Pero a ocasión única de participar de xeito decisivo na marcha do país é acudir este domingo e votar cada quen segundo o seu bo saber e entender.
Vémonos nas urnas o domingo, 1 de marzo. ¡Feliz Día de Galicia en marcha!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora