Aí radica a diferencia
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de diciembre de 2023
É ben sabido que ningún ser humano é idéntico a outro.
O que si sabemos é que todos temos moitas cousas en común: o sol que nos alumea o día, a lúa que nos ilumina a noite, o aire que respiramos, a auga que bebemos, a natureza que disfrutamos...
Aínda que teñamos moitas cousas en común; non todos temos as mesmas capacidades nin as mesmas oportunidades, ni a mesma maneira de ve-la vida.
Aí radica a diferencia.
CADA PERSOA TEN OS SEUS TALENTOS.
Trátase de que cadaquén desenrole os seus para ocupar o posto que ten reservado no tempo que lle toca vivir.
Eso esixe esforzo e dedicación.
Hai persoas que se esforzan e otras prefiren a vida fácil.
Aí radica a diferencia.
CADA PERSOA TEN AS SÚAS OPORTUNIDADES.
As circunstancias mandan moito na vida das persoas: a saúde, a orixe, a economía, a familia, o entorno...
A ninguén se lle pode pedir máis do que poida dar.
Quen aproveita as oportunidades que a vida lle presenta, xa ten a súa misión cumprida.
Quen as deixa pasar, pérdeas.
Aí radica a diferencia.
CADA PERSOA TEN A SÚA MANEIRA DE VE-LA VIDA.
Na vida hai cousas de máis valor que outras.
As de máis valor son as que van acordes coa ética e a moral.
As de menos son as que se quedan a nivel material.
Os bens honradamente gañados producen benestar material e moral.
Quen estafa e codicia os bens alleos, acaba mal.
Aí radica a diferencia.
NINGUÉN ACERTA PLENAMENTE.
Todos nos equivocamos; pero aínda así: complementámonos.
O importante é que cada persoa dea o mellor de sí para o seu propio goberno e para aportar benestar social.
Como os tempos non se presentan doados: cómpre unha boa preparación intelectual para todos.
A formación continuada é unha necesidade.
E non só eso.
Se queremos levar unha existencia con boas relacións cos que nos rodean temos que ter asimilados os valores universais de convivencia.
E se aínda queremos superarnos: debemos cultivar os valores espirituais que nos permitan vivir en comunión co Creador e coas criaturas.
Hai persoas que o teñen claro e outras non.
Aí radica a diferencia.
A TECNOLOXÍA IMPONSE
Vivimos na era tecnolóxica.
A tecnoloxía cámbianos a vida.
É un cambio positivo, se as usamos racionalmente.
Unhas persoas úsanas racionalmente e outras non.
Aí radica a diferencia.
GRAZAS Á TECNOLOXÍA DIXITAL PODEMOS:
Traballar on line.
Comprar on line.
Vender on line.
Comunicarnoa ó instante con todo o mundo.
Buscar información...
A infancia usa o portátil nas clases e os universitarios, tamén.
Moitas persoas aprenden aínda que sexa en idade adulta ou senil.
Quen se pon ó día, avanza.
Quen non, vive como en tempos pasados.
Aí radica a diferencia.
A INTELIXENCIA ARTIFICIAL ESTÁ EN MARCHA.
Seguramene nos ofrecerá moitos servizos.
Ben seguro que como o natural non hai nada.
Seguramente que a calided do ser humano non a poderá sustituír a intelixencia artificial.
Pero aínda así, pode ser de gran utilidade.
Non se lle poden cerra-las portas á innovación.
Debemos confiar.
Con desconfiar non gañamos nada.
Confiaremos.
Outros tamén confiaron en nós.
"CONFIAREMOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora