Comigo estou, en todo estou
Cabada Castro, Manuel - martes, 05 de diciembre de 2023
Augas transparentes, ceos igual.
Esta carne miña non pesa nada.
O seu peso é leve na gran balanza.
Coma o mar; tamén leve é o mar!
Ben sabe o faro de augas namorar.
Pois dime que só lles canta unhas nanas.
Ondas dun mar que non pesan, só danzan!
Corpo son. Que me fai danzar, pensar?
Pois é certo que penso e sei bailar
tanto de día coma en noite pecha.
No meu estar. E tamén no soñar.
Cantarei alén de ceos e terras
canto dentro ou fóra de min está,
canto me prace, me doe ou soerga!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora