Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (6)

martes, 05 de diciembre de 2023
Pasotismo, indiferenza, ante os erros do noso próximo.
Dúas anécdotas, dous casos que deixei pasar sen a miña aportación:

Nos anos da miña crianza un domingo chamei ao veciño para ir xuntos á igrexa:

-Carlos, apura, que aínda estás de zocas, e imos chegar tarde ao catecismo...

-Eu paro de ir...

-¿E iso, porque?

-Díxome meu irmán, que agora está durmindo, que veu de permiso, que no cuartel non piden a doutrina, así que..., ¿para que a quero?

Aquel día tiven unha boa ocasión de facer apostolado, pero, perdina..., porque calei! ¡Co doado que me era contradicirlle: "Carliños, temos dous exércitos: o patriótico de cada país, para os corpos; e o Celestial, para as almas"!

A outra pasoume en África, na Occidental, onde estiven dez anos, e en todo ese tempo non se me ocorreu dicirlles aos nativos que a súa prohibición coránica de comer jalufo debeuse a que, nos tempos de Mahoma, non se coñecían remedios axeitados para a triquinose. A este respecto, a hixiene prevé: Cociñar ben a carne a 70° C polo menos 2 minutos de forma que se acade esta temperatura en todo o produto de forma homoxénea.

Ben que me gustaría que a Dra. mexicana Claudia Maldonado lles pase as novas do seu descubrimento aos musulmáns..., para que non se priven do jalufo!

Eu, daquela, non sabía, non lera, a frase de Vincent de Gournay, aquel fisiócrata do século XVIII, contra o intervencionismo do goberno na economía, "Laissez faire et laissez passer, le monde va de lui même". ¡Vai, vai; pero mellor iría se aproveitásemos as ocasións de ilustralo!

¡Canto nos falta por saber, e logo que tampouco adoitamos facer un uso oportuno do pouco sabido!
-.-

¿Nun, tres?

Compoñentes da personalidade

- A composición orgánica, dada polas características somáticas (corporais) e psicolóxicas básicas e permanentes, que dependen fundamentalmente da herdanza Coñecémonos (6)biolóxica, pero que non está libre das influencias ambientais (alimentación, traumas infantís, etc.).

- O temperamento, conformado por aqueles modos de ser e de comportarse, que sendo procedentes de factores hereditarios fundaméntanse en estruturas constitucionais, aínda que, igualmente, está influído por factores provenientes da educación e do aprendizaxe. É unha expresión dinámica e afectiva emerxente dos factores constitutivos que resultan característicos do individuo.

Neste aspecto, adoita facerse unha referencia ao proceso de desenrolo do embrión humano a partir da diferenciación inicial de tres capas de tecidos: a primeira, interna, que orixina os sistemas internos dixestivo e respiratorio; a segunda, que orixina o esqueleto, sistema muscular e circulatorio; e a terceira, externa, que orixina o sistema nervioso. En base a iso, descríbense temperamentos asociados á actividade dixestiva, muscular ou intelectual, distinguíndose, segundo sexa o desenrolo predominante dalgunha desas capas:

O temperamento endomorfo-interno, que presenta unha tendencia á obesidade, de contextura branda e redonda, tórax e abdome prominentes; rostro ancho, colo curto, brazos e músculos robustos, con mans e pes pequenos. Este prototipo de "gordo bon", debería ter un carácter tranquilo, albergar sentimentos simples e facilmente accesibles; ser unha personalidade amable á que lle guste espertar afecto e aprobación, que goce da compañía de amigos en torno a unha mesa ben servida.

O temperamento mesomorfo-central, de complexión equilibrada, musculosa, con extremidades fortes e alargadas, tórax ben formado predominando sobre un abdome firme e non voluminoso. O cranio de tendencia prismática, sobre ombros anchos, provisto dunha mandíbula osuda e cadrada; o seu corpo de pel grosa, resistente aos rigores da intemperie. Este fornido e atlético individuo será activo e emprendedor, despregará a súa enerxía física no deporte ou noutras actividades de índole predominantemente física, sentirase atraído pola aventura, polo reto dos riscos. Terá tendencia á busca de poder e de autoridade sobre outros, estará seguro de si mesmo, ousado, e terá poucas inhibicións. Gozará esencialmente das actividades, quererá destacarse e ser líder.

En canto ao temperamento ectoformo-externo, de complexión decididamente alargada, osos delgados e músculos non moi desenrolados, pernas largas, ombros caídos, ventre afundido, e tórax estreito. O seu rostro, de conformación oval, o colo largo, os brazos extensos, a pel delgada e pálida. Son individuos cuxa inquietude é máis intelectual que física, non son afectos a grandes movementos ou actividades, tenden á introspección, aborrecen e tratan de eludir as dificultades.

- O carácter-expresión, que idiomaticamente alude a aquilo que individualiza precisamente (etimoloxicamente alude a algo marcado ou unha incisión realizada, como na escritura cuneiforme), de modo que pode cualificarse como aqueles compoñentes que expresan dunha maneira máis individualizada e distinta o modo de ser e de comportarse unha persoa en particular.

O carácter é un compoñente que se ve fortemente influído polo ambiente, a cultura, a educación, o entorno social e familiar, o núcleo de amizades e de traballo, etc. En certo sentido resulta da forma en que os compoñentes constitucionais do temperamento son moldeados ao longo do seu desenvolvemento no ambiente familiar, educacional, social, e as súas condicións persoais se desenrolan en certa dirección.

Un dos factores esenciais do carácter é a vontade unida ao temple(1), como expresión do autodominio sobre os propios comportamentos; especialmente nas decisións persoais que importan exercer a liberdade, pero que á vez se condicionan polo deber, a responsabilidade, e o respecto a límites sociais ou morais.

NOTA 1:
Temple é a capacidade que pode ter unha persoa de moderar as emocións (actitude sempre ben vista polas relixións) e actuar de maneira medida e moderada, sen perder a paz interna e sen aportar maior conflito ou agresividade a unha situación que se supón xa bastante dolorosa ou conflitiva.

-.-

Non esquezamos as regras da mnemotécnica

Hai moitos libros onde atopalas, así que, ¡busquémolos! Pero antes diso, exame de conciencia: ¿Apetécenos ser mellores, máis listos, máis instruídos? As ferramentas de corte afíanse, todas, sen excepción. As ideas tamén hai que afialas, afinalas. Nisto, sempre o dixen, a responsabilidade paterno-filial é inmensa. Neste intre estoume lembrando da miña paisana, Enriqueta Otero, que mo dixo precisamente en Madrid, na cidade máis presumida de España: "É moito o que temos recibido, tanto na orde material coma na cultural; agora tócanos perfeccionarnos, medrar, prosperar, e..., transmitir!".

¡Tres veces Mestra!

Aínda que te tiñan por "roxa", aínda que non tiveches funeral relixioso, as túas obras Coñecémonos (6)foron modélicas, así que eu, con tódolos respectos e con toda admiración, fíxenche una necrolóxica no El Progreso dando por certo que estás no Ceo. ¡Deus coñecíate ben: Coñecíate polas túas obras!

Os daquela época dicían que, "Para saber, ver ou ler!". Agora, con esta cultura tan mecanizada, tan globalizada, iso non chega, así que, reflexionemos: ¡Menos vicios e máis estudios! Aquel illamento das aldeas foi moito a menos pois agora os "mass media" aínda funcionan mellor nas aldeas que nas cidades, que non teñen outros ruxidos que apaguen ou embarullen os aparellos.

Pero falta unha lei; si, unha lei moral, que lles impida aos locutores falar todos á vez, e facelo a tal velocidade que as orellas normais non os dan captado; ¡en vez de escola popular temos o estrondo de cen locomotoras, daquelas de carbón.

E despois diso, rumiar! ¡Si, rumiar as ideas, tanto as propias coma as alleas! Os animais herbívoros rumian cos seus estómagos; as persoas temos o cerebro para a función intelectiva: deglutir, asimilar, depurar, e asentar as ideas; pero non todas, pois só nos interesan as boas, as útiles, as seleccionadas.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES