Persoas que constrúen
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de noviembre de 2023
Os medios de comunicación bonbardéannos con noticias tráxicas.
As meritorias son menos noticiables; pero haber, hainas e son moi dignas de loubanza.
Se puxéramos o acento no lado positivo da vida, seguramente nos iría moito mellor.
Pero a realidade móstranos a cara negativa con moita frecuencia.
¿QUÉ EXEMPLO LLE DÁMOS Á XENTE NOVA?
¿ESTARÁN CREANDO INMUNIDADE ANTE TANTA TRAXEDIA?
Téñeno moi difícil, sobre todo, as familias e os docentes.
Difícil, sí; pero non imposible, por eso non se desaniman.
Todos sabemos de proxenitores que se desviven por darlles unha boa educación ós seus vástagos.
E todos sabemos que o profesorado loita con tódalas súas forzas para encamiñar á xente nova cara a un mundo mellor.
Tamén os sacerdotes da Igrexa Católica pasan a vida ensinándonos a levar á prática a Lei Divina a quen libremente a queira aceptar.
A fe non se impón; pero dá froitos moi sabrosos.
E hai outras moitas persoas e institucións que tamén colaboran desde distintos ángulos.
SON AS PERSOAS CONSTRUCTORAS DUN MUNDO MELLOR.
Hainas de tódalas idades:
- CRIATURAS VALENTES.
Criaturas que nacen con bos sentimientos.
Criaturas que reciben boa educación no fogar.
Criaturas que responden positivamente ás correccións.
Criaturas dóciles, criaturas santas.
Criaturas que saben distinguir entre o que está ben e o que está mal.
Aínda que moitas veces teñen que nadar contra corrente.
-ADOLESCENTES CON CARÁCTER.
Adolescentes de boas familias que seguen a liña familiar.
Adolescentes que aspiran a ser persoas de ben o día de mañá.
Adolescentes que van educados nos valores cristiáns ou éticos.
Adolescentes que se senten apoiados polos bos exemplos das persoas maiores.
Adolescentes con sentidiño.
-XOVES CON VISIÓN DE FUTURO.
Xoves con ideais.
Xoves con aspiracións.
Xoves que se esforzan moito.
Xoves que dan o mellor de sí.
-ADULTOS MADUROS.
Adultos conscientes da súa responsabilidade.
Adultos que comprenden que hai moito que mellorar.
Adultos que o teñen moi claro.
-PERSOAS DE IDADE AVANZADA
Persoas con moitísima experiencia.
Persoas que son un pozo de sabedoría.
Persoas santas e sabias.
Persoas entregadas ás mellores causas.
A TODAS ESAS PERSOAS DEBÉMOSLLES AGRADECEMENTO:
Agradecemento polo que nos ensinan.
Agradecemento por mostrarnos o camiño.
Agradecemento polo que aportan á humanidade.
¿PODEMOS IMAXINAR COMO SERÍA O MUNDO SE NON EXISTIRAN ESAS PERSOAS?
Sería moi fácil imaxinalo...
Trátase de enfocar as nosas forzas para colaborar na construcción dun mundo mellor.
Porque o mundo precisa da nosa axuda, aínda que sexa insuficiente.
Non se trata de amañar o mundo.
Trátase de colaborar empezando cadaquén por sí mesmo.
SE AMAÑAMOS A NOSA PROPIA VIDA XA ESTAMOS COLABORANDO A QUE O MUNDO MELLORE UN POUQUIÑO.
Amañar a nosa propia vida xa ten moito valor para o noso crecemento persoal.
A fin de contas, cada persoa é responsable dos seus propios actos.
UNHA PERSOA QUE SE CULTIVA É UNHA XOIA DE INCALCULABLE VALOR.
Unha persoa que non se cultiva pode ser unha pedra preciosa; pero necesita pulirse.
"AÍ RADICA A DIFERENCIA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora