Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Antroido que nos leva

miércoles, 25 de febrero de 2009
Vimos de celebrar un dos máis especiais dias do calendario galego, unha das nosas festas maiores se atendemos á realidade festexeira do país. Aínda nos tempos máis difíciles, na lonxana postguerra, o Antroido seguía vivo por riba de miserias e prohibicións, E o que daquela era prohibido ou medio tolerado hoxe é plenamente libre polo que se nos limitamos é porque queremos, aínda xa se sabe que as cousas funcionan verdadeiramente cando nos move algo poderoso, cando o facemos a favor de alguen ou en contra. E sen embargo esmorecen cando temos total liberdade de obrar.

Mentras nas terras ourensáns o antroido cobra cada ano maior viveza, en Lugo non é o que era hai uns anos porque esto vai por ciclos e a forza dos anos noventa non é hoxe a mesma. Aínda así hai pregón e feira baixo carpas, e desfiles polo centro histórico e charangas festeiras que animan unhas rúas nas que o frío non deixa de reinar. Na capital lucense o antroido rescatouse a mediados dos anos oitenta, e aínda que nin daquela nin agora tiñan o carácter reivindicativo doutrora, nin de alteración da normalidade habitual, si que seguen a ser a válvula de escape para moitas normas que habitualmente nos coutan e, sobre todo, ocasión de lecer para maiores e nenos.

Como o Antroido sempre sabe a pouco, a festa remata co Enterro da Sardiña, que ás veces ofrece maior riqueza e organización ca o Antroido mesmo. Rematan as festas máis populares que seguen ás do Nadal e son preludio da Semana Santa.

En cuestión de semanas, de días, pasamos de festas entrañables e eminentemente familiares –as do Nadal- a festas tolas de romper moldes, para logo pasar ás en tempos negras celebracións da Semana Santa. Non cabe dúbida que, a efectos de festas, o inverno galego estaba perfectamente planificado. E só co paso do tempo, das celebracións, un vai dándose conta de que os anos son pura repetición nos que o que cambia non é o tempo nin o que nos rodea, senón nós mesmos. Nós somos, verdadeiramente, ese tempo que nos leva e se nos vai.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania