Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornada de reflexión sobor da Paz da Xustiza e da Violencia de Xénero en San Andrés de teixido

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - sábado, 25 de noviembre de 2023
Mañá máis dun centenar de persoas desprazaranse ata San Andrés de Teixido coincidindo co último domingo do Ano Litúrxico.
Xornada de reflexión sobor da Paz da Xustiza e da Violencia de Xénero en San Andrés de teixido
Como todos os anos dende Xermade e Guitiriz... así como dende os demais Concellos que participan na UNED SENIOR CORUÑA... imos celebrar ese día, como un día para reflexionar sobre temas de actualidade, a partir de lecturas bíblicas da día.
Este ano fálanos do Reino de Xesús de Nazaret... é un Reino de Paz, Xustiza e amor... e polo tanto...

Respecto da PAZ... lembrar o conflito palestino e saber que Xesús de Nazaret era un palestino...

Con respecto á XUSTIZA... fálasenos da responsabilidade e solidariedade do cristián ante a pobreza, fronte á sanidade. e o noso deber de actuar contra calquera violación dos fillos de Deus para privarlles dunha vida digna. en todas as dimensións. da súa vida.

E con respecto ao AMOR... trataremos o tema da violencia contra as mulleres... tanto familiar (non permitindo violencia física, verbal ou psicolóxica)... como Institucional... Civil (igualdade salarial e asesoramento de dirección e postos de traballo) e Eclesiástico (pedindo unha vez máis a ordenación da muller e a igualdade total dentro da Igrexa Católica Xerárquica).

Saen dous autobuses, un de Xermade... Momán e Monfero. E outro de Guitiriz... Irixoa... Paderne.

Celebrarei a misa ás 12:15 e despois máis dun centenar de persoas celebrarán unha comida de confraternidade no Restaurante Brisas de Valdoviño.Xornada de reflexión sobor da Paz da Xustiza e da Violencia de Xénero en San Andrés de teixido
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES